«O día en que morreu a arquitectura moderna» | Íñigo García Odiaga

Presentación de Pruitt-Igoe por parte da empresa Leinweber, Yamasaki & Hellmuth

Pruitt-Igoe foi un gran proxecto urbanístico desenvolvido entre 1954 e 1955 na cidade estadounidense de San Luis, Missouri.

En 1950, a cidade encargou á empresa Leinweber, Yamasaki & Hellmuth deseñar Pruitt-Igoe, un novo complexo urbanístico que debía o seu nome a Wendell O. Pruitt, un piloto afroamericano natural de San Luis que loitou na Segunda Guerra Mundial, e William L. Igoe, antigo congresista estadounidense.

A cidade planificou dúas divisións: os fogares do capitán W. O. Pruitt para os residentes negros, e os apartamentos William L. Igoe para os brancos. Anteriormente á construción do complexo, o terreo era coñecido como o barrio De Soto-Carr, un gueto da comunidade negra de extrema pobreza. O complexo urbanístico Pruitt-Igoe estaba composto de 33 edificios de once plantas cada un situados preto do norte de San Luis, Missouri.

O proxecto foi deseñado polo arquitecto Minoru Yamasaki

O proxecto foi deseñado polo arquitecto Minoru Yamasaki, quen máis tarde deseñaría o World Trade Center de Nova York. Este foi o primeiro gran traballo de Yamasaki, realizado baixo a supervisión e as restricións impostas pola Autoridade Federal de Vivenda Pública (PHA, Public Housing Authority). A proposta inicial consistía nunha mestura de edificios de grande altura, mediana e baixa. Foi aceptado polas autoridades de San Luis, pero superaba os límites presupostarios federais impostos pola PHA. A axencia interveu e impuxo un edificio uniforme de once plantas. A escaseza de materiais provocadas pola Guerra de Corea e as tensións no Congreso fixeron máis estritos os controis da PHA.

En 1951, Architectural Forum gabou a proposta orixinal de Yamasaki e cualificouna como «o mellor apartamento de grande altura» do ano. A densidade total foi fixada nun nivel moderado de 50 unidades por acre, de acordo cos principios de planificación de Le Corbusier e o Congreso Internacional de Arquitectura Moderna, os edificios foron organizados en once plantas nun intento de destinar os xardíns e a planta baixa para zonas comunes.cada un situados preto do norte de San Luis, Missouri.

Pruitt-Igoe planificouse baixo un deseño de segración | Fonte: The Pruitt-Igoe Myth

Finalizado en 1955, Pruitt-Igoe contiña 33 edificios de once plantas cada un nunha área de 23 hectáreas. O complexo albergaba 2.870 apartamentos, converténdose nun dos máis grandes dos Estados Unidos. Os apartamentos eran extremadamente pequenos, con reducidos accesorios de cociña. Os ascensores skip-stop só paraban na primeira, cuarta, sétima e décima planta, obrigando os veciños a utilizar as escaleiras nun intento de desconxestionar o uso do ascensor. As plantas baixas foron equipadas con grandes corredores, lavandarías, salas comúns e condutos de lixo.

Pruitt-Igoe, 1953 | U.S. Department of Housing and Urban Development

Malia os recortes iniciais do goberno federal, o custo final de Pruitt-Igoe elevouse a 36 millóns de dólares, un 60% por enriba da media nacional en vivenda pública nese momento. Os conservadores atribuíron o exceso de custo aos salarios inflados dos traballadores pola influencia dos sindicatos, e á innecesaria instalación dun custoso sistema de calefacción; estes sobrecostes provocaron unha serie de recortes arbitrarios noutras partes fundamentais dos edificios.

Non obstante, Pruitt-Igoe tivo, ao principio, boas críticas xa que era visto como un grande avance na renovación urbana. Malia a pobre calidade dos edificios, os provedores de materiais facían referencia a Pruitt-Igoe nos seus anuncios publicitarios, aproveitando a exposición nacional do proxecto urbanístico.

O complexo urbanístico Pruitt-Igoe estaba composto de 33 edificios de once plantas cada un situados cerca do norte de San Luis, Missouri | U.S.D.H.U.D

Pouco tempo despois de construírse, as condicións de vida en Pruitt-Igoe comezaron a decaer; e na década de 1960, a zona encontrábase en extrema pobreza, con altos índices de criminalidade e segregación, o que provocou a reacción dos medios internacionais ante o espectacular declive do barrio.

Ás tres da tarde do 16 de marzo de 1972 -menos de 20 anos despois da súa construción- o primeiro dos 33 xigantescos edificios foi demolido polo goberno federal. Os outros 32 restantes foron derruídos nos seguintes dous anos. As dimensións do fracaso de Pruitt-Igoe, que se converteu nunha icona emblemática, provocou un intenso debate sobre política de vivenda pública.

Pruitt-Igoe, 1974 | U.S. Department of Housing and Urban Development

O proxecto Pruitt-Igoe foi unha das primeiras demolicións de edificios de arquitectura moderna e a súa destrución foi descrita polo arquitecto paisaxista, teórico e historiador da arquitectura Charles Jencks como «o día en que morreu a arquitectura moderna».

O material gravado da demolición foi incluído na película Koyaanisqatsi, de Godfrey Reggio con música de Philip Glass, que compuxo unha peza de oito minutos de duración e que recibiu o nome do proxecto.

Abril de 1972. A segunda demolición de Pruitt-Igoe foi televisada e seguiuna outra o 16 de marzo | U.S. Department of Housing and Urban Development

íñigo garcía odiaga . arquitecto

san sebastián. outubro 2013

Íñigo García Odiaga

Arquitecto. Editor de NOMU. 1/5 del estudio de arquitectura VAUMM. Vivo en Donosti.

follow me

Arquivado en: faro, Íñigo García Odiaga

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,