O descanso non é un luxo

Jesús Sánchez, Director Comercial para España e Portugal da empresa británica VI-SPRING, especialista e pioneira dende o ano 1901 na fabricación de colchóns e bases utilizando sempre materiais naturais, expoñerá dun xeito didáctico, as diferentes opcións que actualmente existen para conseguir un bo descanso.

Durante o seu relatorio, o artesán Mark Clapton realizará o labor de montaxe dun colchón, ensamblando todos os materiais interiores e a costura deste. A continuación, unha visita guiada inaugurará unha exposición de diferentes solucións que garanten o máximo confort no descanso que permanecerá exposta nas nosas instalacións.

Entre os asistentes ao acto, sortearanse 3 bonos para pasar a noite no Hotel MARCO de Vigo, onde se poderá experimentar a sensación dunha cama realizada artesanalmente e con materiais naturais.

O descanso non é un luxo
Charla-Coloquio Jesús Sánchez
Espacio SIRVENT
14 de Novembro as 20,00 horas
+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: conferencias, evento

Tags: , , , , , , , , ,