O albanel robótico | Íñigo García Odiaga

Almacén nos Viñedos Gantenbein, Bearth & Deplazes | Fotografía: Ralph Feiner/Ambrosetti Tonatiuh

O entusiasmo por avanzar e por percorrer novos camiños fixo que a arquitectura contemporánea haxa chegado mesmo a deostar os sistemas tradicionais de construción baseados no ladrillo e na man de obra dun albanel. S

uperadas as obras de Eladio Dieste que desde a linguaxe racional do movemento moderno propuñan o uso do ladrillo como un elemento que podía axuntar a tradición xunto con novos experimentos formais, a arquitectura de vangarda rexeitou o ladrillo, tachándoo de obsoleto e trasnoitado.

O departamento de arquitectura da ETH de Zúric, unha das escolas de arquitectura máis prestixiosas do mundo, ten un taller específico de arquitectura e fabricación dixital dirixido polos profesores Fabio Gramazio e Matthias Kohler. Un dos obxectivos deste taller é a determinación das estratexias a seguir para a adaptación de técnicas de industrialización robotizadas á construción da arquitectura. Dalgunha maneira búscase trasladar os resultados de precisión e calidade levados a cabo polos robots de montaxe de por exemplo os coches utilitarios ao complexo mundo da construción dun edificio.

A súa maior achega a este campo, polo momento, foi ROB, unha unidade de fabricación robótica introducida nun container estándar de transporte, de forma que poida ser desprazada a calquera lugar do mundo e por tanto ser alugada por calquera persoa que requira desta maquinaría de precisión.

Pike Loop

Unha das súas primeiras obras foi unha instalación no espazo público denominada Pike Loop realizada en Manhattan, Nova York, no ano 2009. Pike Loop é unha peza de 22 m de longo, un muro estrutural construído con ladrillos, un material de construción amplamente presente e de carácter tradicional en Nova York. Máis de sete mil ladrillos vanse sumando para tecer un muro construído cunha precisión de milímetros, imposible de executar mediante a man humana. O ladrillo convértese así nun elemento capaz de construír xeometrías que recordan ás superficies de chapa de Frank Gehry ou as láminas de aceiro de Richard Serra. Máis alá da capacidade tecnolóxica do robot ROB, a súa utilización ten posibilitando a recuperación do ladrillo para a arquitectura de vangarda e abriu novas vías de experimentación.

Pike Loop

Cando os arquitectos Bearth & Deplazes recibiron o encargo para realizar un almacén nos Viñedos Gantenbein, decidiron utilizar esta técnica de fabricación para elaborar as fachadas do novo edificio.

O deseño inicial propoñía un esqueleto simple recheo de ladrillos: os ladrillos actúan como un material como boa inercia térmica, ademais de como filtros da luz solar para que a fermentación se produza tras as celosías.

O método de produción robotizada permitiu colocar cada un dos 20.000 ladrillos de forma precisa de acordo cos parámetros matemáticos, o ángulo desexado e os intervalos exactos prescritos.

A fachada esta conformada por 72 elementos prefabricados xerados de forma altamente tecnolóxica por medio do robot. Os elementos do muro manufacturáronse como un proxecto piloto nas áreas de produción da ETH de Zürich, e foron transportados un por un á obra.

A imaxe da fachada quere asemellarse a unha enorme cesta chea de uvas. Nunha visión máis próxima, en contraste co efecto pictórico da distancia, é a materialidade, a textura do muro a que adquire o protagonismo fronte á masa de ladrillos. Sorprende a contradición entre as suaves e redondeadas formas resultantes que realmente se compoñen de duras e ríxidas unidades de ladrillos. A fachada aparece como unha forma sólida pero dinámica. Ao observar a precisión da execución da fachada, o deseño convértese nun manifesto da súa modulación exacta e ríxida producida pola máis alta tecnoloxía.

Fachada do amacén nos Viñedos Gantenbein, Bearth & Deplazes

Non obstante, as implicacións arquitectónicas desta fachada de ladrillo son máis elaboradas e diversas que as da técnica empregada. Para o ollo humano, as sutís diferenzas entre cor e iluminación e o reflexo dos ladrillos crean unha aparencia e plasticidade que está constantemente cambiando xunto co movemento do observador e do sol co curso das horas.

Este edificio que en certo modo podería considerarse aínda experimental reflexa os esforzos que a arquitectura está a realizar por reinterpretarse e por cambiar non só a súa imaxe exterior en busca da espectacularidade senón os seus propios sistemas produtivos. Este proceso baséase na crenza de que unha técnica moderna e contemporánea, acorde coa tecnificación da sociedade actual, xerará tamén unha arquitectura do noso tempo, ademais continuísta coa historia da arquitectura ao actualizar o uso do ladrillo, talvez o primeiro material de construción manufacturado producido polo ser humano.

íñigo garcía odiaga. arquitecto

san sebastián. setembro 2011

Publicado en ZAZPIKA 11.09.2011

Íñigo García Odiaga

Arquitecto. Editor de NOMU. 1/5 del estudio de arquitectura VAUMM. Vivo en Donosti.

follow me

Arquivado en: artigos, Íñigo García Odiaga

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,