Edificio Vello Cárcere. Rehabilitación do antigo cárcere de Lugo para centro cultural | CREUSeCARRASCO

Aproveitar a idea de apertura ao público dun cárcere, espazo celular e disciplinar, subvertendo os principios de vixilancia e custodia en principios de procura, mostra e aprecio de valores culturais e sociais.

Edificio Vello Várcere. Rehabilitación de la antigua cárcel de Lugo para centro cultural CREUSeCARRASCO o10

Propoñer unha compartimentación aberta, traballando cada un dos espazos dunha maneira flexible con graos de apertura e de intervención relacionados cos usos. Observación, diálogo e interacción como novas premisas e calidades para uns espazos que, neste edificio, no seu contraste coas orixinais de control e seguridade, adquiren unha forza comunicadora e expresiva única. A interpretación do edificio baixo esta óptica permite intervir no Edificio do Antigo Cárcere case sen tocalo, aproveitándoo integramente, recuperando parte do seu estado orixinario, concibido agora como itinerario de relación, experimentación, información e intercambio, entre espazos polivalentes dedicados á arte e á cultura con moitas posibilidades de percorrido, parada, atallo e visión cruzada. Esta é a identidade do conxunto que o sitúa como un equipamento singular no contexto da Unión europea e que está implícita na súa recuperación como imaxe de referencia dunha contorna urbana que debe ser máis claro e libre: observatorio da cidade.

Cambiar este criterio de aceptación e posta en valor do espazo celular no caso do Antigo Edificio de Servizos do cárcere (módulo posterior) e no Edificio Xudicial (hoxe sede da Policía Local e módulo de acceso), onde as sucesivas transformacións sufridas no seu interior levan a unha intervención máis fonda e estrutural que permite, nun primeiro caso, mantendo o seu volume, distribuílo dunha maneira unitaria para uso do servizo de arqueoloxía, e no segundo, mantendo a súa fachadas, convertelo no espazo principal de acollida, situando no os usos mais públicos de documentación e información, auditorio e, na súa cuberta, cunha visión da muralla e da cidade, o espazo de interpretación da gastronomía.

Utilizar o gran valor que ten o baleiro como espazo de descanso e memoria, tanto dos eixos visuais e de percorrido que atravesan o edificio, como dos patios e recinto perimetral, concibindo o seu conxunto como unha rede infraestrutura construída cunha mesma textura que multiplica as posibilidades de acceso, permite diferentes sectorizaciones que poden chegar a englobar usos distintos, e ao mesmo tempo, dotar de independencia, non só a cada un dos edificios, senón tamén aos espazos de uso colectivo principais como son o auditorio, biblioteca, terraza-restaurante, sala de usos múltiples, salas de seminarios ou sala de cinema; todos eles, dalgunha maneira, con proxección exterior e vínculos, coa cidade.

Finalmente, propoñer unha ordenación conxunta desta parte da cidade, marcando a preferencia peonil do ámbito mediante a concepción da rúa Anxo López como boulevard / paseo arborizado, a proposta de unificación de pavimento pétreo no espazo contorna do cárcere e da estación de autobuses e o tratamento con terra compactada na praza na procura dunha actuación coidada de limpeza de elementos, interpretando a imaxe histórica do espazo de relación entre o cárcere e a porta da muralla (Bispo Izquierdo), devolvendo protagonismo ás árbores como definidores espaciais, tanto na contorna da rúa Soto Freire como na proposta de continuidade do boulevard.

Obra: Edificio Vello Cárcere. Rehabilitación do antigo cárcere de Lugo para centro cultural
Arquitectos: Juan Creus e Covadonga Carrasco. CREUSeCARRASCO
Colaboradores: Belén Salgado, Bárbara Mesquita, Laura Coadas, Nuria Casais, Cristina Canto, Elisa Moreira, Celsa Pesqueira, Sara Escudeiro, Alicia Balbás, Elena Junquera.
Félix Suárez (estrutura / dirección de execución)
Isabel Francos (enxeñeira)
José Luís García (medición)
Francisco Hervés (arqueoloxía)
Fotógrafo: Luis Díaz Díaz
Promotor: Concello de Lugo
Localización: Lugo, Galicia, España
Data de proxecto: Outubro 2009 / Terminación: Marzo 2017
Superficie útil: 2725,85m² / Superficie exterior: 1060,15m² / Superficie construída: 3766,11m²
Premio: 1º Premio concurso de ideas
Dirección de Obra: CREUSeCARRASCO
Construtora: San José
Xefe de Obra: Beatriz Rey / Jesús Longarela / Ana Alvela
+ creusecarrasco.es

Arquivado en: arquitectura, equipamento cultural, equipamiento dotacional, equipamiento terciario, espacio publico, intervención urbana, obras, rehabilitación

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , ,