Duolingo

Duolingo é un sitio web destinado á aprendizaxe gratuíta de idiomas á vez que unha plataforma crowdsourcing de tradución de textos. O servizo está deseñado de tal forma que a medida que o usuario avanza na súa aprendizaxe axuda a traducir páxinas web e outros documentos. Actualmente o sitio tan só ofrece cursos de inglés, español, francés, italiano, alemán e portugués. Aínda que xa está dispoñible “A incubadora de idiomas”.

Ademáis da súa versión web de escritorio, conta cunha aplicación para iPhone, Android e Chrome.

¿Como logra Duolingo ser gratuíto?

En Duolingo podes aprender inglés completamente gratis e sen anuncios – hoxe, mañá e sempre. ¿Preguntácheste como é posible que sexa gratis? É gratis porque aprendes ao mesmo tempo que axudas a traducir documentos de verdade, o cal crea valor.

Así é como funciona: Cando alguén necesita traducir unha páxina web, a carga en Duolingo. Despois nós presentámoslle o documento aos estudantes en Duolingo, o cuales tradúceno mentres practican o idioma que están a aprender. Cando a tradución é completada, Duolingo envíalla ao dono do contido, o cal, segundo o tipo de documento que sexa, paga pola tradución.

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: aparello

Tags: , , , ,