Dreyer e Häring | Jorge Gorostiza

Fotografía publicitaria de Michael

En 1924 estreouse Michael, dirixida por Carl Theodor Dreyer, que entón aínda non era lle prestixioso cineasta recoñecido no todo o mundo; só fora o responsable de cinco películas no seu país e para esta contratárao unha das produtoras máis importantes de Europa, a alemá UFA.

O creador dos espazos de Michael foi o arquitecto Hugo Häring que entón tiña corenta e dous anos, compartira un estudo con Mies van der Rohe e unírase a Der Ring, chegando a ter o cargo de secretario deste grupo antecesor do CIAM. En 1924 acababa de empezar a construción do seu edificio máis coñecido, a granxa Garkau, preto de Lübeck, que finalizaría o ano seguinte, cando comezaría a edificar outra edificación notable, unha fábrica de salchichas en Neustadt, Holstein.

Nunha entrevista Dreyer declarou:

«Colaborei na realización dos decorados pero realmente o que os realizou foi un arquitecto que comprendeu os meus desexos e conseguiu algo asombroso. Chamábase Hugo Hùring (sic). Nunca fixera decorados para o cine e non volveu facelos, xa que tras rodar Michael, volveu á súa verdadeira profesión de arquitecto. Foi unha especie de intervalo na súa carreira (teñamos en conta que por aquel entón non se construían moitas casas novas), un divertimento, unha fantasía que se permitiu».

Están moi ben os dous adxectivos que emprega Dreyer: divertimento e fantasía, para cualificar un traballo excelente, abonda ver a película para comprobar como Häring, un arquitecto que empregaba unha linguaxe innovadora nos seus edificios, no seu traballo como escenógrafo creou uns ambientes recargados e pouco modernos para caracterizar os personaxes, sobre todo, ao pintor academicista, namorado do seu modelo, o propio Michael do título. Unha vez máis cineasta e arquitecto lograron un resultado óptimo grazas á súa colaboración interdisciplinar.

Jorge Gorostiza, arquitecto. Autor do blogue Arquitectura+Cine+Ciudad
Santa Cruz de Tenerife, febreiro 2015

Jorge Gorostiza

Doctor arquitecto, proyecta y construye edificios y desarrolla trabajos de urbanismo. Desde 1990, publica numerosos artículos sobre cine y arquitectura en medios de su localidad, revistas como Nosferatu, Nickleodeon, Academia, Lateral, Cahiers du Cinema… y en varios volúmenes colectivos. Entre el 2000 y el 2005 dirige la Filmoteca Canaria. Imparte conferencias sobre arquitectura y cine en instituciones como el CAAM en Gran Canaria, la UIMP, el CENDEAC en Murcia, INCUNA en Gijón, Fundación Telefónica, la ETS de Arquitectura y el CCCB de Barcelona, las ETS de Arquitectura de La Coruña, Sevilla, Valencia y SEU madrileña, La Ciudad de la Luz en Alicante, la UNED en Pamplona, en varios colegios de arquitectos, así como en las universidades del País Vasco, Gerona, Valladolid, Málaga, Granada, SEK en Segovia y CEES de Madrid. Jurado en varios festivales cinematográficos, como los de Alcalá de Henares (2001), San Sebastián (2002), Sitges (2003), Las Palmas (2005) y Documentamadrid (2005), y comisario de las exposiciones Constructores de quimeras. (Centro Conde Duque, Madrid, 1999) y La arquitectura de los sueños (Capilla del Oidor, Alcalá de Henares, 2001).

He publicado bastantes libros y muchos artículos, he impartido conferencias, he sido comisario de exposiciones y jurado en muchísmos festivales. Si quieren saber más no duden en consultar mi blog ARQUITECTURA + CINE + CIUDAD.

follow me

Arquivado en: capturas, cine, Jorge Gorostiza

Tags: , , , , , , , , , , ,