Dúas Vivendas en Redes | Díaz+Díaz

Redes é unha pequena Vila Mariñeira de principios do século XX, situada na marxe norte da Ría de Ares encravada nas Rías Altas Galegas. Esta localidade foi premiada polo Colexio de Arquitectos no día internacional da arquitectura 2009 por conservar a súa traza orixinal no urbanismo. Tamén se coñece esta localidade como a “Venecia Galega” pola conexión das súas vivendas ao mar. Na rúa coñecida como Rúa Nova que constitúe unha ampliación do pobo dos anos 40 destinada a vivendas e adegas sitúanse as dúas vivendas unifamiliares cos números 42 e 44 que actualmente unifican as funcións de vivenda e estudo de arquitectura.

O proxecto supón a rehabilitación e ampliación de dúas vivendas unifamiliares existentes que non conservaban a configuración tradicional do núcleo urbano de Redes, debido a unha rehabilitación sufrida nos anos 80. Para recuperar esa arquitectura tradicional da vila mariñeira mediante unha linguaxe contemporánea, fíxose unha reinterpretación desta, utilizando materiais como a madeira de Iroko, as vigas de madeira laminada, a tella curva ou o morteiro branco.

As vivendas dispóñense de xeito simétrico sobre o muro medianeiro de pedra orixinal. Estas desenvólvense en tres niveis un primeiro nivel dende a fachada marítima na Rúa Nova co vestíbulo principal, dúas estanzas e un baño. En planta primeira deséñase o salón comedor e a cociña, todo a planta vinculada a un xardín traseiro e cunha galería en voo con vistas á Ría. En planta segunda desenvólvense dous dormitorios e dous baños.

As escaleiras ao situarse no centro da vivenda deseñáronse cun valor escultórico e cambian dende a planta baixa ata a segunda. Na planta baixa son macizas en carballo cun grande armario no seu interior, en planta primeira son metálicas e moi diáfanas e pintadas en branco para permitir a transparencia da planta.

No xardín dispóñense distintas especies botánicas autóctonas, créase unha terraza de madeira de Iroko, un peche de lamas de madeira de Iroko que permiten vistas frontais ao monte e se pechan contar os veciños nas medianeiras. Cruzando a Rúa Nova pódese baixar por unhas escaleiras a un murete de granito denominado Porto Radeiro, en parte propiedade das vivendas. Tirando dun cabo achégase unha Dorna, embarcación tradicional galega, que constitúe o sistema de transporte principal das vivendas polas Rías.

Entre o mobiliario cabe destacar a cheminea deseñada por Miguel Mila para DAE, os sanitarios da selección de David Chipperfield para Rocha, as cadeiras de lona fina laranxa Menorquinas, e os sofás do salón son deseñados por Díaz e Díaz Arquitectos e dispóñense en varios módulos para poder crear unha mesa central ou unha enorme cama, así como un espazo de reunión en torno á cheminea.

Obra: Dúas vivendas en Redes. A Coruña
Emprazamento: Redes, Galicia. España
Autores: Díaz y Díaz Arquitectos [Lucas Díaz Sierra, Gustavo Díaz García]
Data: 2012
Cliente: Privado
Área: 500 m²
Fotógrafo: Héctor Santos-Díez | BISimages
+ diazydiazarquitectos.com

PREMIOS
Accesit no Premio Juana de Vega de Arquitectura 2012 organizado pola Fundación Juana de Vega.

PUBLICACIONES
– Revista “On Diseño” nº326
– Architizer
– Plataforma de Arquitectura
– Archdaily
– Domus xl

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, obras, rehabilitación, vivienda unifamiliar

Tags: , , , , , , , , , , , , , , ,