O dominio como problema fundamental e físico dos fenómenos límite e fronteira | Luis Gil

Ball Players by Georg Gerster, Santa Barbara, 1974
Ball Players by Georg Gerster, Santa Barbara, 1974

O movemento e o camiñar é innato á actividade do home, por variados motivos, desde as grandes migracións e movementos na procura de caza do Paleolítico ata os nosos días. Un movemento que en orixe era forzado pola propia necesidade de sobrevivir #ante a adversa natureza, moi anterior á posterior sedentarización e articulación do home co territorio a través do control e uso do chan mediante a actividade agrícola. A agricultura fixou o movemento continuo do home e fíxolle sedentario en maior ou menor escala ata chegar ao último grao de elaboración no estático que foi a cidade, como condensador cultural e articulador económico doutras inercias e comportamentos no habitar.

Non se pode falar da cuestión territorial do comezo do dominio sen a mellor referencia literaria do habitante nómade fronte ao sedentario. Sen falar de Abel fronte a Caín… Esta dobre forma de habitar o territorio, en movemento ou estatismo, é a disxuntiva vital da súa ser. Mentres que Caín, na división do traballo, encarna ao home fixado á terra que sobrevive a través da agricultura, Abel é home en movemento, o pastor e nómade que segue aos seus rabaños (Dalgunha maneira Abel é un primeiro Homo- ludens pois dispón de parte libre de tempo para outras actividades). Esta diferente forma de actuar sobre o soporte territorial establece unha dualidade no habitar humano que persistiu en diferentes escalas ata a chegada ou acontecer dos recentes fenómenos que sucederon na segunda metade do s. XX e que se relatamos no primeiro apartado.

A cuestión de dominio ten que ver directamente co habitar nómade e de cando se produce a sedentarización. A localización, o asentamento, imprime carácter ao espazo, pois debe ser marcado e controlado. Pararse quere dicir controlar o espazo sobre o que se está, ao contrario da imposibilidade de domesticarlo cando se está en movemento.

Engandin marathon, Georg Gerster (1972)
Engandin marathon, Georg Gerster (1972)

Bruce C. Chatwin explicounos como o conflito humano entre esta dobre forma de habitar aparece porque o home estático, o que a final de contas fai poblamiento e cidade, aprópiase do territorio, ocúpao de forma continua, péchao e téntao controlar e cercar, defendendo a súa parcela doutros dominios próximos (fenómeno que se repite a todas as escalas, ata chegar á territorial), mentres que o nómade só pode controlar aquilo que usa en cada momento, producíndose unha apropiación que é mínima ou temporal, sen existir a ambición de territorializar un espazo como propio senón de intercambiar momentos.

Desde entón e durante a maior parte da historia máis recente do home (os últimos 3.000 anos) o andar e camiñar só se xustificaron, desde a obrigación pola subsistencia primeiro, e máis tarde do comercio que de forma indirecta a sido un dos máis frecuentes impulsos para saír do estático, daquel espazo propio en quietude.

Desta forma o gasto de enerxía, social e cultural, necesario para abandonar o coñecido e emprender a viaxe, sexa este camiñado ou abordado con outros medios de transporte, só se xustifica polo obxectivo de conseguir unha forma de vida superior, sexa no económico, sexa no cultural-político.

Será só a partir do s. XIX, cando a viaxe, así como o camiñar, que cruza mundos diferentes, comezarase a entender de forma lúdica principalmente impulsado por unha nova forma de ver que nace co romanticismo e é impulsada máis tarde pola aparición dunha nova clase social, a burguesía.

Playground Zaanhof, 1950, Aldo van Eyck
Playground Zaanhof, 1950, Aldo van Eyck

Luis Gil Pita, arquitecto
Santiago de Compostela, November 2019

Capítulo do artigo Alegoría da fronteira e o límite, publicado orixinalmente na revista Obradoiro nº34, inverno de 2009.

Luis Gil Pita

Arquitecto por la ETSA de A Coruña en 1997, desde ese año colabora en el estudio de Manuel Gallego Jorreto hasta 1999. Becado de investigación en Holanda en 2000-1, con un estudio sobre lo fronterizo y liminar en arquitectura, por la Diputación de A Coruña, fue posteriormente Profesor invitado en el área de proyectos de la Facultad de Arquitectura de Guimaráes, Universidade do Minho, del 2001 hasta el 2007. Desde el inicio de su carrera ha publicado asíduamente artículos y ha participado como editor en diferentes publicaciones alrededor de la arquitectura.

follow me

Arquivado en: artigos, Luis Gil Pita

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,