Deseño de vivenda. Un manual

Xa sei que moitos pensardes que escribir hoxe día un manual para o deseño de vivendas é unha empresa farto complicada. Con todo Housing Design. A Manual, propón unha aproximación tipológica completa pero concisa que resume boa parte do coñecemento da disciplina por parte da escola arquitectónica holandesa.

Precisamente a súa publicación en inglés fai dous anos púidose realizar grazas ao éxito que tivo a primeira versión holandesa do libro (Het ountwerpen van woningen). Os seus autores, Bernard Leupen e Harald Mooij, souberon condensar en algo máis de 400 páxinas todo o traballo de investigación e análise realizada desde a Cátedra de “Housing Design”, dirixida por Dick van Gameren no Departamento de Arquitectura da Universidade de Delft.

O libro distribúese en oito capítulos que analizan, sucesivamente, o concepto de vivenda, as súas posibilidades tipológicas, urbanas, espaciais e formais, as súas características tectónicas e a influencia dos contextos xeográficos, climáticos ou programáticos. Finalmente percórrese o proceso de deseño a través dalgúns exemplos.

[…]

David H. Falagan

Housing Design. A Manual

Bernard Leupen, Harald Mooij

NAi Publishers [Nai o1o], 2011

+ artigo publicado en arquilecturas

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: libros, publicacións

Tags: , , , , , , , , ,