O dibruxo | Sergio de Miguel

5 (100%) 1 vote[s]

Escalera
Escada

“En mans do arquitecto, o á piz constitúe unha ponte entre a mente que imaxina e a imaxe que aparece na folla de papel; na éxtase do traballo, o debuxante esquece tanto a súa man como o lapis e a imaxe emerxe coma se fose unha proxección automática da mente que imaxina; ou quizá sexa a man a que verdadeiramente imaxina en tanto que existe na vida do mundo, a realidade do espazo, materia e tempo, a condición física mesma do obxecto imaxinado.”

Juhani Pallasmaa, –A man que pensa-.

As destrezas, a intelixencia creativa e as capacidades conceptuais de todo aquel que busca satisfacer un resultado físico pasan sempre pola canle da nosa extremidade máis preparada, máis hábil e capaz, e alí prodúcese unha sorte de tradución máxica, inesperada. Emerxe unha fascinación, unha atracción incontrolada, un feitizo que traslada a atención, e disloca o significado.

Debaixo do debuxo da man atenta hai moito máis que unha representación. Aparecen códigos de interpretación que xorden da memoria e desa sabedoría que, efectivamente, é existencial pero tamén corporal. A man detenta un poder de transformación e figuración inmenso.

O lapis debuxa non só o que ve, tamén o que se pode chegar a ver, máis aló do inmediato. E esa xenerosa amplitude provoca que a man e o seu debuxo sexan capaces de alterar o ánimo e a intención.

Ás veces, moitas veces, dá a sensación de que o debuxo non nacese da mente do que o realiza. Parecese que tivese vida propia e xurdise dun lugar non reconocible. Pero a man, é palpable, foi quen o produza. Os seus movimentos, poderiamos pensar que inconscientes, derivaron nun produto tan esencial como asombroso.

Está aí e a súa lectura e tradución poden levar a novas reflexións e sensacións. Non sei sabe porqué, pero di cousas que antes de aparecer ese debuxo non estaban.

Da nosa capacidade de sorpresa e encanto ante o que trasluce a man depende o noso poder de transformación.

Non en balde o verbo debuxar vén do francés “deboisser”, literalmente -labrar en madeira-. E de ahií veuse a conxugar todo o relacionado con debastar, esbozar, esculpir… e obrar.

Canta madeira.

Sergio de Miguel, Doutor arquitecto
Madrid, novembro 2017
Publicado en Grupo docente e de investigación para a arquitectura Grupo 4! da ETSAM.

Sergio de Miguel García

Ph.D. Arquitectura, Universidad Politécnica de Madrid, (ETSAM) 2016.
M.A. Arquitectura, Universidad Politécnica de Madrid, (ETSAM) 1990.
Profesor en la Universidad Politécnica de Madrid, (ETSAM) desde 1995.

follow me

Arquivado en: artigos, Sergio de Miguel

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,