Día Mundial da Loita contra a Sida | wikipedia

O Día Mundial da Loita contra a Sida conmemórase o 1 de decembro de cada ano, e dedícase a dar a coñecer os avances contra a pandemia de VIH/sida causada pola extensión da infección do VIH. Elixiuse o día 1 de decembro porque o primeiro caso de sida foi diagnosticado neste día en 1981. Desde entón, a sida matou a máis de 25 millóns de persoas en todo o planeta, o que a fai unha das epidemias máis destrutivas rexistradas na historia. A pesar de que existe un maior acceso e mellorouse o tratamento antirretroviral e ao coidado médico en moitas rexións do mundo, a epidemia de sida custou aproximadamente 3,1 millóns (entre 2,8 e 3,6 millóns) de vidas só no ano 2005, das cales máis de medio millón (570.000) eran nenos.

O Obelisco de Buenos Aires vestido cun condón en conmemoración ao Día Mundial da Loita contra a Sida

A idea de dedicar un día á loita contra a sida no mundo xurdiu no Cume Mundial de Ministerios da Saúde de 1988, dentro dos programas para a prevención da sida. Desde entón, a iniciativa seguírona gobernos, organizacións internacionais e caridades de todo o planeta. Desde 1988 até 2004, UNAIDS (ONUSIDA) organizaba o Día Internacional da Loita contra a Sida. Escollía un tema para cada ano, despois de consultalo con outras organizacións. En 2005 a UNAIDS entregou a responsabilidade da conmemoración deste día á organización independente WAC (World Aids Campaign: Campaña Mundial contra a Sida). Para o 2005, elixiron como tema da súa campaña: \”Paren á sida: cumpran a promesa\” (Stop Aids: Keep the Promise), que estará vixente até o 2010. Este tema non é específico para o Día Mundial da Loita contra a Sida, senón tamén para os labores da WAC durante todo o ano.

+ artigo publicado en wikipedia.org

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, ferias

Tags: , , ,