Manhattan é o escenario onde se representa o último acto da civilización occidental.
Coa explosión demográfica e a invasión das novas tecnoloxías, Manhattan converteuse, dende mediados do século XIX, no laboratorio dunha nova cultura, a da conxestión; unha illa mítica onde se fai realidade o inconsciente colectivo dun novo modo de vida metropolitano, unha fábrica do artificial onde o natural e o real deixaron de existir.
Delirio de Nova York é un ‘manifesto retroactivo’, unha interpretación da teoría non formulada que subxacer no desenvolvemento de Manhattan; é o relato das intrigas dun urbanismo que, dende os seus inicios en Coney Island ata os teóricos do rañaceos, fixo explotar a súa retícula de orixe.
Este libro, polémico e premonitorio (publicado orixinariamente en 1978), ilustra as relacións entre un universo metropolitano mutante e a singular arquitectura que pode producir; e afirma tamén que, con frecuencia, a arquitectura xera a cultura.
Rem Koolhaas (Róterdam, 1944) é arquitecto pola Architectural Association de Londres. En 1975 fundou, xunto a Elia e Zoe Zenghelis e Madelon Vriesendorp, Office for Metropolitan Architecture (OMA) e posteriormente AMO, a vertente teórica e máis propagandista de OMA. É un dos arquitectos contemporáneos cuxo traballo profesional e obra teórica exerceron maior influencia na arquitectura das últimas décadas. É autor de Delirio de Nova York (Editorial Gustavo Gili, 2004, publicado orixinariamente en 1978) e de S, M, L, XL (1995, onde se inclúe Sendas oníricas de Singapore, publicado por esta editorial), Mutacións (2000), Content (2004), post-Occupancy (2006), Al Manakh (2007) ou Elements of Architecture (2014).
Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.