Curso online de Identidade Dixital para arquitectos · Sorteo

Dende veredes, e grazas a Stepienybarno, queremos agradecer aos nosos lectores a súa fidelidade co sorteo dunha praza para o Curso online de Identidade Dixital para arquitectos. Para participar no sorteo simplemente teredes que deixar un comentario ao final do post, e o gañador será elixido por un sorteo entre todos os participantes. O sorteo estará aberto ata o 28 de xaneiro de 2014 ás 00.00 horas.

Estudo
Dende hai máis de tres anos damos este tipo de cursos e charlas; pero, ata hoxe, nunca nos animaramos a facelo vía online. Así que, se estás interesado en mellorar a túa Identidade Dixital incidindo na túa estratexia empresarial e comunicación online, quizais che interese este curso básico que deseñamos específico para arquitectos.

Obxectivos do curso
O obxectivo do curso é dar a coñecer as bases dun Proxecto de Identidade Dixital (PID) exclusivo para arquitectos. Cada día está máis claro que, se non tes unha presenza correcta na rede, é coma se non existises no mercado laboral.
Así, para conseguir mellorar esta Identidade Dixital, daremos certas claves a través da estratexia empresarial e a comunicación online.

¿Que traes?
– Ilusión e ganas.
– Dúbidas.
– Inquietude.
¿Que lévaste?
– Ideas xerais para construír a túa Identidade Dixital, mellorando a túa visibilidade e reputación na rede e, polo tanto, mellorando as túas posibilidades laborais como arquitecto.
– Pautas para mellorar a túa estratexia empresarial e comunicación online.
– Un apoio en Stepienybarno para seguir avanzando unha vez rematado o curso

Dirixido a
O curso está orientado para todos aqueles arquitectos ou xente relacionada co mundo da arquitectura que estean a dar (ou queiran dar) os seus primeiros pasos na rede, aproveitando as oportunidades que esta nos ofrece dende un punto de vista profesional.

Nivel
O nivel deste curso será básico, polo que podes apuntarte aínda que a túa presenza na rede sexa escasa ou nula. De feito este primeiro nivel está pensado para aqueles que están a dar os seus primeiros pasos. Posteriormente, realizaremos un segundo nivel para aqueles arquitectos con certa traxectoria, ou que realizasen con éxito este primeiro nivel, e que queiran apuntalar a súa presenza na rede.

Programa
1. Introdución
– Presentación do curso e dos participantes
– Que é a Identidade Dixital? Conceptos xerais do mundo online.
– Como mellorar o teu rastro dixital, relevancia e reputación online.
2. Estratexia empresarial
– Fortalezas e debilidades.
– Mapa de satisfacción.
– Achegamento ao modelo de negocio: Metodoloxía do Canvas.
3. comunicación online
-Técnicas e tácticas de comunicación online.
– Ferramentas de comunicación online: Web + blog + Redes sociais (Facebook, Twitter, Linkedin…).
– Casos de éxito de arquitectos.

Metodoloxía
Non nos gusta a figura de alguén que subido na tarima di aos demais o que teñen que facer; por iso, intentaremos ser facilitadores do coñecemento dende unha posición aberta, horizontal e dialogante.

Á súa vez, o curso será tanto máis rico, canto máis participe cada un dos asistentes. Se se comparten co resto de participantes, dúbidas e pequenos avances, todos aprenderemos moito máis.

E non esquezas que, dende Stepienybarno che escoitaremos todas as túas reflexións e inquietudes, para axudarche a avanzar neste cada vez máis necesario mundo da Identidade Dixital.

Datas
O curso terá lugar durante os días lectivos entre o 03 de marzo de 2014, luns, e o 14 de marzo de 2014, venres.

Horarios
Horario relativamente flexible, aínda que fai falta aproximadamente unha dispoñibilidade de 1.5-2 horas ao día por parte do alumno durante os dez días do curso.
Cada día, a primeira hora da mañá, subministrarase o material necesario e traballarase vía hangout, skype, comunidade de google+, grupo de facebook, google drive e correo electrónico cos alumnos.

Inscrición e prezo
Para inscribirte ao curso só tes que mandar un correo a blog@stepienybarno.es ou stepienybarno@gmail.com
Faino canto antes pois as PRAZAS SON LIMITADAS!
É importante que en dous ou tres parágrafos nos mandes unha “carta de motivación” sobre o que esperas dun curso como o que vos presentamos.
Ata o 24 de xaneiro _ 100 euros
Ata o 7 de febreiro _ 125 euros
Ata o 21 de febreiro _ 150 euros

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: deriva

Tags: , , , , ,