Curso de deseño e fabricación dixital

O Curso de Deseño e Fabricación digital céntrase no emprego de diferentes aplicacións de software para a realización de deseño digital, como é o modelado en tres dimensións realizado con Rhinoceros ou o uso de V-Ray ou Grasshopper.

Os tres módulos están impartidos polos arquitectos Sergio Alonso do Campo e Diego García Cuevas, ambos instrutores autorizados Rhinoceros, iniciándose o primeiro módulo, Curso de Modelado 3d con Rhinoceros e Fabricación Digital o día 22 de abril, e desenvolvéndose posteriormente ao longo dos días 23, 24 e 29 de abril e o 6 de maio. Este módulo en particular está dirixido a arquitectos e estudantes de arquitectura, aínda que pode ser igualmente adecuado para diferentes áreas do deseño industrial ou interiorismo, e nel os asistentes aprenderán a modelar con Rhinoceros, así como a obter imaxes a través do software e a poñer en práctica diferentes sistemas para a creación de estruturas máis complexas.

O segundo módulo, Curso de V-Ray para Rhino, terá lugar os días 7 e 8 de maio e será impartido por Sergio Alonso do Campo. Este módulo centrarase no popular plug-in para Rhino, empregado para trasladar as geometrías creadas con Rhino a formato fotográfico.

Para rematar, Diego García Cuevas conducirá o Curso de Deseño Paramétrico con Grasshopper os días 13 e 14 de maio, un curso intensivo que pretende servir de introdución á arquitectura avanzada paramétrica e generativa.

Datas: 22, 23, 24, 29 de abril; 6, 7, 8, 13, 14 de maio
Lugar: Salón de actos da Fundación Luis Seoane
Dirección: Sergio Alonso del Campo, Diego García Cuevas

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: cursos-talleres, evento

Tags: , , , ,