¿Canto gaña un arquitecto? | Stepienybarno

Frank Lloyd Wright e os seus alumnos | stepienybarno.es

Que os arquitectos estamos forrados é algo que todo o mundo sabe; pero non uns cantos, ¡todos! Sen excepción. Foron anos de gran proveito para a arquitectura e para os seus executores, é dicir, nós os arquitectos; así que, agora, non nos podemos queixar de nada!

Estas palabras non serán a primeira nin a última vez que as oiamos e, desgraciadamente, gran parte da sociedade aínda segue pensando que isto é así.

Non obstante, a realidade é, e foi, ben distinta. Se levas un tempo nisto, sabes ben do que falamos; se es un novo estudante que con toda a ilusión do mundo está a estudar arquitectura, quizais non sexa bo que sigas lendo e se non es nin o un nin o outro, esperamos que o noso pensamento en voz alta poida servir para aclarar un pouco este complicado tema.

O diñeiro que se xerou coa maldita burbulla inmobiliaria gañárono catro. Por un lado, uns cantos promotores (non todos) forráronse ata dicir basta, uns poucos estudos de arquitectura gañaron o que non estaba escrito e, de paso, coas contribucións urbanísticas de tanto ladrillo mal posto, máis dun acalde colgouse medallas nas inauguracións de rotondas e urbanizacións infernais.

Desta forma, gran parte das obras derivadas do efecto guggenheim foron realizadas polo star system; así que, Nouvel e compañía non hai dúbida que teñen o ril cuberto.

[…]

Stepienybarno_Agnieszka Stepien y Lorenzo Barnó, arquitectos

Estella, outubro 2013

Stepienybarno

Stepienybarno está formado por Agnieszka Stepien y Lorenzo Barnó, ambos arquitectos y formados en temas de Identidad Digital y Comunicación online. Desde el 2004 tenemos nuestro propio estudio de arquitectura, ubicado en un pequeño pueblo de Navarra, Estella, y ambos estamos embarcados en nuestras tesis doctorales. A su vez, colaboramos con otros profesionales tanto del ámbito de la arquitectura, sostenibilidad y comunicación online. Vivir en Estella nos da la tranquilidad necesaria para poder encarar el día a día con energía y la red nos posibilita contactar con un mundo maravilloso que de otra forma hubiera sido imposible.

follow me

Arquivado en: faro, stepienybarno

Tags: , , , , , , , , , , , , ,