Canta casa necesitamos? Thoreau, Le Corbusier e a cabana sustentable

¿Cuánta casa necesitamos Thoreau, Le Corbusier y la cabaña sostenible

O espazo que habitamos, reducido á súa mínima expresión, foi motivo de fascinación e experimentación ao longo da historia. Henry David Thoreau viviu na súa cabana forestal de Walden Pond entre 1845 e 1847. Le Corbusier  construíu en 1952 para el e a súa esposa o soado Cabanon da Costa Azul. Inspirados nestas experiencias, Urs Peter Flueckiger e os seus estudantes da Texas Tech University construíron na campiña texana unha cabana ecolóxica economicamente sustentable.

Os tres proxectos comparten a idea do espazo mínimo e a súa relación coa natureza. Este libro analiza a través de textos, debuxos e fotografías as propostas de Thoreau, Lle Corbusier e o equipo de Flueckiger, atendendo aos seus paralelismos e similitudes. E, como xa fixese León Tolstói no seu relato

Canta terra necesita un home?,

Flueckiger pregúntase en definitiva nestas páxinas:

canta casa necesita unha persoa?

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: libros, publicacións

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,