Convocatoria Premio de Arquitectura Ascensores Enor 2011

O Grupo Ascensores Enor convoca a Quinta edición do Premio de Arquitectura Ascensores Enor. Esta convocatoria ten como obxectivo distinguir as mellores obras de calquera tipo, realizadas no ámbito da arquitectura, nos territorios de España e Portugal.

A entrega da documentación requirida deberá realizarse por correo ou directamente nalgunha das seguintes oficinas de Enor, até o 15 de marzo de 2011, último día válido para a aceptación de materiais. No caso dos envíos por correo, a data que figure no selo de correos debe ser a do 15 de marzo de 2011 ou anterior.

– En España, na sede do Grupo Ascensores Enor, no Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo, Rúa B, Parcela 10.10, 36314 Vigo.

– En Portugal, na Travessa de Manuel de Sousa Moreira Cruz 37, Apartado 3079, 4471-907 Moreira Maia.

O xurado reunirase nun prazo máximo de 45 días desde a data de peche da convocatoria para emitir o seu fallo, que se notificará persoalmente aos autores das obras elixidas e publicarase na páxina web do Grupo Ascensores Enor. A información sobre as datas nas que se reúna o xurado, os resultados, así como todas as noticias relacionadas co premio, poderán ser consultadas en:

+ enor.es

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, premios

Tags: , ,