Convocatoria BIAU 2012

A Bienal Iberoamericana de Arquitectura e Urbanismo (BIAU) propón unha serie de convocatorias abertas para estudantes e profesionais no marco da súa sétima edición que terá lugar o próximo setembro na cidade de Cádiz.

As actividades básicas da Bienal viran en torno ao recoñecemento de traxectorias profesionais e de obras significativas de arquitectura; a resaltar as mellores publicacións do sector; a premiar os traballos de investigación máis sobresalientes ou as mellores ideas de arquitectos e estudantes de arquitectura a través de concursos na rede. Todo iso tras a selección efectuada por xurados representativos de cada temática que se verá reflectida no catálogo e nas exposicións correspondentes.

Os seus obxectivos xerais son difundir as experiencias máis destacadas en Iberoamérica, Portugal e España para contribuír á formación dun pensamento crítico e a unha política cultural integrada en materia de arquitectura e urbanismo, así como articular un espazo permanente de reflexión e debate promovendo o interese e a participación de distintos segmentos sociais na protección do territorio, na construción da cidade e na inserción da arquitectura como factor de oportunidade e referencia.

A Bienal Iberoamericana, con distintas denominacións, celebrouse con anterioridade nos seguintes lugares: Madrid, España (1998), Cidade de México, México (2000), Santiago de Chile, Chile (2002), Lima, Perú, (2004), Montevideo, Uruguai (2006) Lisboa, Portugal (2008) e Medellín, Colombia (2010).

A data límite para participar ata o 1 de marzo de 2012.

+ VII Bienal de Arquitectura Iberoamericana 2012 (web oficial)

+ VII Bienal de Arquitectura Iberoamericana 2012 (convocatorias)

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: conferencias, evento, exposiciones, premios

Tags: , , , , , , , ,