Contruccion con palla

A conxuntura actual de posta en cuestión de moitas das prácticas extendidas e mesmo dos nosos hábitos cotiáns lévanos, no eido da definición física do hábitat, a indagar no emprego de técnicas alternativas de construción, na procura de solucións efectivas e verdadeiramente respectuosas co medio e coas persoas.

Este obradoiro de construción con palla constitúe o primeiro dunha serie de cursos específicos que pretendemos activar en tempadas sucesivas dende Hábitat Social (www.habitatsocial.coop), e que irán orientados á recuperación e difusión de técnicas naturais tradicionais (barro, cubertas vexetais, etc.). Trátase de sistemas experimentados cunha larga traxectoria (non sempre local) que nas últimas décadas foron desprazados por outros industriais, mais que aínda vixentes, supoñen unha opción de futuro cara unha edificación sostible.

O obxectivo do obradoiro é adquirir un dominio amplo do sistema de construción con palla que permita facer fronte tanto a cuestións de deseño (criterios, potencialidades, aspectos legais, etc.) como de execución (procesos, elementos singulares, etc.). Dirixido a profesionais do sector da construción (técnicos, estudantes, operarios), está aberto ó público en xeral, xa que non se precisa experiencia previa. Aínda que eminentemente práctico, a formación complétase con clases teóricas e con material didáctico que será proporcionado previamente ós participantes.

Do 19 ao 23 de Setembro do 2012

Casa O Rial, Celas de Peiro, Concello de Culleredo, A Coruña

Prezo: 180 euros

Organiza: Hábitat Social, Sociedade Cooperativa Galega

[mappress mapid=”67″]

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: cursos-talleres, evento

Tags: , , , , , , , , ,