Construír a paisaxe: materiais, técnicas, compoñentes

Construír a paisaxe é unha obra fundamental sobre o deseño técnico-construtivo de espazos exteriores. Estruturado sistematicamente, trata todos os temas relevantes dende os materiais correntes e as superficies, pasando pola construción de elementos en espazos exteriores, ata o uso de plantas. É un libro imprescindible para o correcto exercicio da arquitectura e o paisaxismo en todas as súas fases, tanto no deseño previo, no proxecto básico e de execución como na obra.

Construir el paisaje materiales, tecnicas, componentes

Construír a paisaxe está dividido en dúas partes: material e superficie e construción e elementos construtivos. A primeira parte céntrase en dar unha visión global dos diversos elementos construtivos que se utilizan no paisaxismo e explica as súas características específicas. Ademais coméntanse as calidades das superficies e as súas posibilidades de tratamento. Á segunda parte precédelle un capítulo fundamental que se ocupa dos principios da estática, as unións dos elementos portantes, a constitución de elementos construtivos e as estruturas de apoio. Nos capítulos seguintes coméntanse os principios e as técnicas de construción dos diferentes elementos construtivos tanto gráfica coma textualmente. O final de cada capítulo consta dunha serie de exemplos de proxectos explicados a través de numerosas fotos e debuxos técnicos.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: libros, publicacións

Tags: , , , , , , , ,