Conferencia de Noguerol e Díez · No tiempo

Co inicio do curso 2013-2014 da Escola de Arquitectura da Coruña (Galicia), Alberto Noguerol e Piar Díez impartirán unha conferencia baixo o título, “No tempo”. Realizarase o xoves 5 de setembro ás 19:00h no salón de actos. Posteiormente servirase un viño coa actuación musical Batmacumba.

Alberto Noguerol del Río, nado en Callobre (Miño) o 12 de xaneiro de 1943, é un arquitecto galego.Arquitecto dende 1974, ano no que se licenciou na ETSA de Barcelona. No ano 1980 crea o estudio de Arquitectura Noguerolydiez xunto coa súa esposa, Pilar Díez Vázquez, licenciada en Belas Artes pola Universidade de Barcelona. Alberto Noguerol comeza a súa andaina docente na Escola de Barcelona como profesor de Proxectos entre os anos 1978 e 1986. Dende entón da clases de Proxectos na ETSA Coruña. Dende o 1980 numerosas exposicións, catálogos, guías de arquitectura, libros e publicacións varias teñen prestado atención á súa obra e ás súas propostas.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: conferencias, evento

Tags: , , , ,