Complexo Deportivo Municipal Can Ricart no Raval | vora

5 (100%) 3 vote[s]

Complejo Deportivo Municipal Can Ricart vora o9 exto1

O Complexo Deportivo Municipal Can Ricart é un edificio situado no corazón do Raval sur, en Barcelona, unha zona con actuacións importantes nos últimos anos. O equipamento é importante para a revitalización do barrio no seu sector tradicionalmente máis degradado, e ten que contribuír á integración de todos os sectores sociais habitantes da zona a través do seu uso nas actividades deportivas e de benestar.

O edificio completa a mazá comprendida entre a Rambla do Raval e os Xardíns dels Horts de Sant Pau. A nivel arquitectónico a estratexia do proxecto partía dunhas preexistencias que o facían especialmente complexo, pois no conxunto integráronse dous edificios de forte entidade como o pavillón polideportivo (de 1989) i o edificio industrial do s. XIX de Can Ricart, presumiblemente do mestre de obras Josep Fontserè. O principal esforzo dos arquitectos foi chegar a un conxunto compacto e coherente a nivel funcional, que volumétricamente mantén a lectura dos tres corpos que o conforman: os dous edificios existentes e a nova construción que contén a piscina, formalmente autónoma.

O edificio de Can Ricart, que estaba en bastante mal estado, rehabilitouse co espírito do orixinal nas súas características definitorias. Rehabilitouse a fachada de Josep Fontserè recuperando as cores orixinais do estucado, e deixouse ao descuberto un espazo central de dobre altura no que a familia Ricart tiña a sala de contratación. Este espazo rehabilitouse con sensibilidade, mantendo o espírito do orixinal e recuperando un lucernario que se cubriu sobre o espazo central. No resto de fachadas, máis maltratadas polas múltiples intervencións acontecidas ao longo dos anos engadindo e derrubando naves de produción ao redor, a obra consistiu en recuperar a orde de aberturas orixinal e dar unha pátina unificadora que permite visualizar de forma sutil as feridas da historia sobre os seus muros.

O edificio novo é austero en materiais e formalmente contido. A fachada é de formigón visto, ao que se deu unha textura que quere ser unha homenaxe aos inicios da industria téxtil en Cataluña nesta zona da cidade.

O espazo principal, a piscina, é aberto e luminoso. Establece unhas relacións visuais intensas por unha banda, en toda a súa anchura, co Parque de Sant Pau, que está lixeiramente elevado, e coa igrexa de Sant Pau do camp; e polo outro lado cun xeneroso patio no interior do complexo, e coa fachada posterior do edificio de Can Ricart.

Obra: Complexo Deportivo Municipal do Raval. Can Ricart
Dirección: Carrer Sant Oleguer 10. Barcelona. España.
Concurso: O proxecto xorde dun concurso de ideas do ano 2000.
Redacción de proxecto_v1: 2002-2003
Redacción de proxecto_v2: 2004
Inicio das obras: Febreiro 2005 – Final das obras: Xullo 2006
Inicio das obras (fase2): maio 2008 – Final das obras:Outubro 2008
Arquitectos proxecto: vora arquitectura ( Pere Buil Castells e Jordi Fornells Castelló).
Arquitectos obra: vora arquitectura ( Pere Buil) e Esteve Roca Pallàs.
Proxecto Estrutura: Manuel Arguijo e Asociados
Proxecto Instalacións: JG asociados.
Arquitecto Técnico: Carles Bima Puig
Construtor: Acciona Infraestruturas.
Promotor: Foment de Ciutat Vella
Colaboradores no proxecto: Filipe Araújo, Ricardo Borges, Arnau Boronat, Rubén Heras, Sónia Bom, Iñigo Ribeira, Sónia Gaspar
Superficie construída total (incluído o pavillón polideportivo): 4.485 m2
Superficie de nova construción: 2.655 m2
Superficie rehabilitación-reforma: 1.830 m2
Presupesto da obra ( PEC): 5.500.000 euros PEC: Adrià Goula
+ vora.cat

Reconocimientos:
Premio Bonaplata 2006 a intervencións no Patrimonio Industrial.
Finalista premio Aluminier-Technal 2007
Proxecto Selecionado Premios Arquia-Próxima 2008-09
Premio Arquitectura+ 2011 na categoría “Arquitectura Cultural ou Deportiva”.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, equipamiento deportivo, equipamiento dotacional, obras

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , ,