Ciudad e debuxo · Obradoiro de verán 2014

O obradoiro de verán Ciudad e debuxo propón unha reflexión acerca das posibilidades do debuxo a man alzada como instrumento de análise urbana e de comunicación de ideas.

Ao longo de tres días (25, 26 e 27 de xuño) os arquitectos Antonio Amado Lorenzo, Santiago de Molina Rodríguez, Borja López Cotelo e o ilustrador David Pintor ofrecerán cinco relatorios centrados no labor de arquitectos e artistas que recorreron á imaxe como medio de interpretación de diferentes realidades urbanas. Simultáneamente levaranse a cabo outras tantas sesións prácticas nas que os alumnos do taller desenvolverán un exercicio na Cidade Vella de A Coruña (España).

Xunto coas actividades académicas levaranse a cabo, tras a finalización de cada xornada de traballo, outras menos formais que contribuirán ao intercambio de ideas entre organizadores, relatores e alumnos: proxección de vídeos relacionados co tema do taller e coloquios, así como visitas complementarias á área de estudo para entrar en contacto coa súa realidade social.

Unha vez concluído o curso, os resultados serán recollidos nunha publicación dixital de descarga gratuíta que fará accesibles ao público as conclusións e servirá como base a futuras experiencias análogas noutras áreas da cidade.

Calendario

Sesión 1. Mañá do mércores 25 de xuño de 2014

10:00h-10:30h Presentación do curso e a área de estudo (Cidade Vella).

10:30h-12:30h Relatorio de David Pintor. Ilustración e cidade: cidades de papel.

12:30h-14:00h Visita a área de estudo e toma de notas sobre o terreo.

Sesión 2. Tarde do mércores 25 de xuño de 2014

16:00h-18.00 h Relatorio de Borja López Cotelo. Cidade e secuencia (I): A cidade no cómic: Manuele Fior e Guy Delisle.

18:00h-20:00h Sesión práctica.

Sesión 3. Mañá do xoves 26 de xuño de 2014

10:00h-12:00h Relatorio Antonio Amado. A cidade na fotografía: París.

12:00h-14:00h Sesión práctica.

Sesión 4. Tarde do xoves 26 de xuño de 2014

16:00h-18:00h Relatorio de Borja López Cotelo. Cidade e secuencia (II): A cidade no cine de Wim Wenders.

18:00h-20:00h Sesión práctica.

Sesión 5. Mañá do venres 27 de xuño de 2014

10:00h-12:00h Relatorio de Santiago de Molina. Cidade e colaxe.

12:00h-14:00h Sesión práctica.

Sesión 6. Tarde do venres 27 de xuño de 2014

16:00h-20:00h Posta en común dos traballos desenvolvidos durante o taller.

Relatores

Antonio Amado Lorenzo, doutor arquitecto

Santiago de Molina Rodríguez, doutor arquitecto

Borja López Cotelo, doutor arquitecto

David Pintor, ilustrador

Lugar:

Museo de Belas Artes da Coruña

Calle Zalaeta, 0, 15002, A Coruña (España)

Modalidades do curso:

Curso completo: inclue relatorios e obradoiro

Curso parcial: inclue só relatorios

Créditos:

1,5 créditos de libre elección (curso completo)

Cuotas:

curso completo (relatorios+ obradoiro): 75 euros

curso parcial (relatorios): 20 euros

Prazas:

Máximo 50 plazas

*La celebración do curso está supeditada á confirmación dun número mínimo de 15 prazas cubertas antes da finalización do prazo de matrícula establecido.

Prazo de inscripción:

Ata o 23 de xuño de 2014

*La aceptación de solicitudes realizarase por rigorosa orde de recepción.

Descargar documentación:

Programa

Formulario de inscripción

Contacto:

tallerdeverano@veredes.es

Coordinadores:

Maria Olmo Béjar, arquitecta

Alberto Alonso Oro, arquitecto

Borja López Cotelo, doutor arquitecto

Colaboran:

Escuela Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña

Universidad de A Coruña

Fundación Caja de Arquitectos

Museo de Belas Artes da Coruña

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: deriva

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,