Cidade, debuxo e café con xeo · Exposición

Dende o luns 9 de setembro, poderase visitar a exposición Ciudad, debuxo e café con xeo na planta de acceso da Escola de Arquitectura da Coruña. Nela recóllense os traballos realizados no taller de verán Ciudad, debuxo e café con xeo, organizado o pasado mes de xuño por lasonceymedia e veredes en colaboración coa ETSAC, o COAG e a Fundación Caixa de Arquitectos. Esta exposición busca entaboar un diálogo cos estudantes de arquitectura e cos habitantes da cidade sobre a que se traballou. Neste sentido, o taller non foi senón un punto de partida.

O taller constituíu un exercicio de reflexión crítica en torno ao debuxo a man alzada como ferramenta de análise e proxecto a escala urbana. Ao longo de seis sesións leváronse a cabo cinco relatorios e outros tantos exercicios prácticos centrados no barrio coruñés da Pescadería. A primeira fase do taller xirou en torno á análise urbana, mentres que a segunda fase se centrou no desenvolvemento unha proposta para unha zona concreta da área de estudo. En ambos os dous labores, as únicas ferramentas empregadas foron o lapis e o papel. O taller concluíu co esbozo dun diagnóstico conxunto para a área da Pescadería.

Exposición Ciudad, dibujo y café con hielo

Planta 0. Escola de Arquitectura de Arquitectura de A Coruña

9 Setembro – 15 Outubro 2013

A Coruña, Galicia, España

veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: deriva, evento, exposiciones

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,