cineforum #1· Meeting at the building

Q9 ten o pracer de invitarte ao primeiro cineforum#1 organizado xunto a 15-L Films e o estudo de arquitectura barcelonés Flores & Prats. O evento terá lugar o próximo venres 17 de xaneiro ás 19 h na Fábrica Moritz de Barcelona.

Para este CineForum#1 contaremos coa presenza de Ricardo Flores e Eva Prats que nos explicarán o seu proxecto ‘Edificio 111’. Posteriormente farase o pase do documental ‘Meeting at the building’ dirixido por Carlota Coloma e Adrià Lahuerta, que ten como protagonistas aos veciños do ‘Edificio 111’.

Para rematar, ao finalizar o documental, conversaremos sobre o documental e o edificio cos implicados neste proxecto nun debate aberto ao público. Ademais poderás gozar dunha Moritz ben fresca e algunha sorpresa máis.

Venres 17 de xaneiro 2014
CINEFORUM #1 ‘Meeting at the building’
15-L Films ; Flores & Prats Architects

+ evento

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: cine, evento, exposiciones

Tags: , , , , , , , , , , , , , ,