Ciclo de sostenibilidade · Redeseñando a forma na que facemos as cousas

O MAC programa conferencias e talleres sobre COMUNIDADES, PAISAXES, ARQUITECTURAS Y DESEÑOS SOSTIBLES

REDESEÑAR A FORMA EN QUE FACEMOS AS COUSAS, é o título que agrupa unha serie de conferencias e talleres semanais que propoñen reunir, baixo catro perspectivas diferentes, unha idea común: Traballar no presente dun xeito responsable.

O ciclo consta de catro módulos diferentes centradas en Comunidades (vivenda colaboradora, modelos de autoxestión e cooperación), Paisaxes (introdución á bioingeniería e técnicas ecolóxicas de intervención paisaxística), Arquitecturas (Tapia. Arquitectura con terra) e Deseño (reutilización creativa de calquera obxecto).

A programación divídese entre as conferencias gratuítas que terán lugar os venres e os talleres que se desenvolverán os sábados todo o día, cun custo de 20 euros.

Do 8 ao 29 de Novembro no MAC (Avenida de Arteixo, 171). O número de prazas limitarase a 20 no caso dos talleres e as inscricións péchanse o 30 de Outubro.

Organizado por balsarquitectos (Belén Salgado e Antonio López) coa colaboración de Alexandre Antunes.

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: conferencias, cursos-talleres, evento

Tags: , , , , , , , , , , , , ,