Ciclo de conferencias: No centenario dos mestres


No presente ano 2013 cúmprese o centenario do nacemento de significativos protagonistas da arquitectura española do século XX.

En homenaxe a estes mestres, o Departamento de Composición da ETSAC organiza este ciclo de conferencia no que se propón facer un percorrido pola experiencia arquitectónica que se inicia a partir de 1930 e finaliza na década dos oitenta.

Ao longo de oito seccións analízanse os espazos máis sobresaíntes da arquitectura daqueles, seguindo un temario no que se cruzan experiencias e autores, os sinalados e os seus coetáneos máis inmediatos, abandonando o percorrido monográfico e que centre o seu enfoque de modo fundamental, na relación entre procedementos construtivos e expresividades arquitectónicas.

No fondo buscamos a ocasión non só para saber os que foron eles senón, máis ben, para a herdanza que nos fixeron ser como somos.

Ciclo de conferencias “No centenario dos mestres”,
Organiza: Departamento de Composición da ETSAC
Dirección: Celestino García Braña
Datas: 09-31 de outubro de 2013, mércores e xoves, 12:00-14:00h
Lugar: Salón de Actos da ETSAC, A Coruña, Galicia, España
Solicitouse  1 crédito de libre elección (en trámite)

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: conferencias, evento

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , ,