Charles Correa. Grandes arquitectos indios


Charles Correa (nado en Hyderabad, India o 1 de setembro de 1930 e finado en 16 de xuño de 2015) foi un arquitecto indio, urbanista, activista, teórico e unha figura fundamental no panorama mundial da arquitectura contemporánea.

Estudou arquitectura na Universidade de Míchigan e no Massachusetts Institute of Technology despois do cal estableceu un estudo privado en Bombay en 1958. A súa obra na India mostra un coidadoso desenvolvemento, entendendo e adaptando o modernismo a unha cultura non occidental. Nas súas primeiras obras utiliza un estilo autóctono local dentro dun ámbito moderno. O plan do uso da terra e proxectos munitarios continuamente intentan ir máis alá das solucións típicas a problemas do terceiro mundo.

En toda a súa obra -dende o plan de Navi Mumbai ao coidadosamente detallado memorial de Mahatma Gandhi no Sabarmati Ashram en Ahmedabad- puxo unha especial énfase en conservar os recursos, a enerxía e o clima como os principais factores á hora de ordenar o espazo.

Sobre as últimas catro décadas, Correa realizou tarefas pioneiras en temas urbanos e refuxios de baixo custo no terceiro mundo. Dende 1970-75, foi Arquitecto Xefe para o Novo Bombay un centro de crecemento urbano de dous millóns de persoas, ao outro lado da baía da cidade preexistente. En 1985, o primeiro ministro Rajiv Gandhi nomeoulle Presidente da Comisión Nacional de Urbanización.

Charles Correa faleceu na súa residencia en Mumbai despois dunha breve enfermidade na idade de 84 o 16 de xuño de 2015.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: tv

Tags: , , , , , , , , , , , , ,