Centro para o servizo de distribución de alimentos Camp Clar | NUA Arquitectures

O barrio de Camp Clar, creado a principios de 1960 para aloxar os traballadores das empresas petroquímicas que apareceron durante a industrialización da cidade, forma parte desta familia de polígonos de rápida construción que funcionan normalmente vinculados ás cidades pero que manteñen á vez a súa propia autonomía e adoptan unha morfoloxía urbana clásica baseada na disposición orientada de grandes bloques illados con plantas baixas libres e espazo público ao seu arredor.

Co paso dos anos, Camp Clar foi acollendo ás sucesivas chegadas de inmigrantes á cidade grazas a uns alugueres moi alcanzables.

O novo centro de distribución de alimentos para Cáritas sitúase nun terreo adxacente á igrexa do barrio, e foi deseñado para dar resposta a tres esixencias básicas: seguridade, un prazo de execución moi curto, e uns recursos económicos moi limitados.

Deste xeito, o proxecto foi deseñado e construído en tres meses, contando coa colaboración de 120 voluntarios para realizar os acabados nunha soa mañá.

O centro organízase en tres espazos: unha zona de almacén vinculada ao acceso rodado, unha franxa de servizo que actúa como filtro, e un espazo de distribución vinculado ao acceso peonil dende a praza da igrexa. Neste último espazo os usuarios, que dispoñen duns puntos segundo a súa situación económica e persoal, realizan un percorrido onde elixen os alimentos que máis necesitan.

O edificio concibiuse cunha dobre lóxica industrial-artesanal que persiste no lugar (industria – escala de barrio). O sistema estrutural e os cerramentos laterais realizáronse mediante elementos prefabricados metálicos para diminuír o tempo de execución, e as fachadas frontais realizáronse cunha pel cerámica contextualizada material e xeometricamente co barrio.

A natureza compacta e hermética do centro responde a requirimentos climáticos e de seguridade, pero cando se realiza o servizo, o centro ábrese aos usuarios permitindo a iluminación natural dun interior optimista.

Obra: Centro para el servicio de distribución de alimentos. SDA
Auto: NUA Arquitectures (María Rius, Arnau Tiñena, Ferrán Tiñena. )
Construcción: Construccions JMC.
Emprazamento: Camp Clar,Tarragona, Cataluña, España.
Superficie construida: 82,50m²
Ano: 2014.
Fotografias: Pixelmoreno.
+ nuaarquitectures.com

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, equipamiento dotacional, equipamiento religioso, equipamiento terciario, obras

Tags: , , , , , , , , , ,