Centro de Saude en A Parda | vier arquitectos

O Centro de Saúde de Pontevedra sitúase na Parda, un área de recente expansión urbana na periferia da cidade, na que coexisten estruturas territoriales propias do ámbito rural cunha ordenación de carácter urbano e tipología de ensanche. O edificio emerge nun amplo solar rodeado polas edificaciones do novo Conservatorio, bloques de vivendas e unha serie de equipamientos en construción.

CS_AParda_25

Neste contexto, a proposta desexaba aportar un volume neutro e aristado, de aparencia sólida, como contrapunto á figuración rutineira dos edificios de vivendas, e que aportase máis serenidade que confusión ao novo barrio. O recurso manexado para conseguir esta imaxe consistiu no emprego prácticamente exclusivo de dous materiais no plano exterior da fachada: hormigón visto e chapa de aluminio microperforada. Esta conjunción ? apoiada pola entonación cromática de ambos compoñentes – facilita a identificación unitaria dun sistema complexo, pois o novo edificio funciona como dúas unidades en gran medida independentes: o Centro de Saúde e a área de Urxencias (PAC- Punto de Atención Continuada).

En contraposición a esta aparencia exterior monolítica, ambos recintos (Centro de Saúde e PAC) ábrense a senllos patios, que propoñen transparencias e vistas interiores entre os respectivos ámbitos de espera. Un segundo plano de fachada, tralos panos de aluminio perforado, resolve a relación das consultas co exterior a través de fachadas de vidro coloreado que facilitan a identificación das diferentes áreas.

Pretendeuse enfatizar a horizontalidad do edificio fronte á compoñente predominantemente vertical da edificación circundante, mediante a evidencia da razón estructural do edificio, composto pola trabazón de elementos planos de hormigón armado.

Unha das funcións asignadas ás planchas microperforadas é a de arroxar sombra sobre as fachadas interiores de vidro, para evitar a insolación directa e os excesos de temperatura que se derivarían do efecto invernadero, á vez que se produce unha regulación térmica pasiva entre o control da insolación e a ventilación dos espazos entre estes dous planos de fachada.

Os planos de fachada, cuxa tersura responde con brillos e opacidades – dentro da fría gama de grises que ofrecen o hormigón e o aluminio – ás diferentes condicións de luz e clima ao longo do día, se transfiguran á tardiña e iluminarse o Centro mentres entra en funcionamento o Servizo de Urxencias, o que permite descubrir a proposta cromática do interior e dota dunha condición máis lixeira ao edificio, que pretende recoñecelo como espazo asistencial e de referencia urbana.

A organización funcional resólvese distribuíndo os espazos funcionales e de consultas ao exterior e vertiendo as zonas de relación e espera cara aos patios interiores, con desahogos visuales cara á rúa nos extremos finais dos percorridos. Respóndese ao programa establecido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Buscouse, en definitiva, propoñer un espazo de calidade urbana e un Centro de Saúde que responda aos criterios de eficiencia e economía, e resulte un lugar óptimo para o servizo tanto desde a perspectiva do traballador como do usuario.

Obra: Centro de salud en A Parda
Autores: vier arquitectos slp (Antonio Raya de Blas, Cristóbal Crespo González, Santiago Sánchez Iglesias, Enrique Antelo Tudela)
Emprazamento: A Parda, Pontevedra (España)
Ano: 2005-2009
Colaboradores: Pablo Vilares Calvete, arquitecto, Cristina de Vera Juárez, arquitecta, Antonio Vagace Núñez, arquitecto,
Dirección de obra: vier arquitectos slp, Ana Belén Crespo Iribarne, arquitecta técnica
Contratista: DRAGADOS SA
Fotografía: Héctor Santos-Díez | BISimages
+ www.vier.es

Publicaciones

ATLAS OF 21st CENTURY ARCHITECTURE
Editores: PHAIDON PRESS, Londres, 2013. ISBN 978-0714848747

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, equipamiento dotacional, equipamiento sanitario, obras

Tags: , , , , , , , , , , ,