Centro de saúde de Mesoiro | Hermo Iglesias Veiga Arquitectos

Centro de saúde para un novo barrio. Trátase dun dos primeiros equipamentos dos que consta esta zona de nova construción.

Situado sobre un estrato rochoso elevado sobre o nivel da rúa o edificio de formigón e cinc pretende crear unha nova fachada previa aos edificios de vivendas de 9 alturas cos que linda, así a súa topografía permite realizar na fachada traseira un patio axardinado ao que se abren as consultas proporcionando intimidade e iluminación a estas.

Na fachada principal, onde se localiza a zona pública do edificio, ábrese unha galería cara ao val de Mesoiro.

Nesta fachada a estrutura de formigón visto sae ao exterior para configurar unha antuca vertical que protexe da orientación este e se adapta en cada planta ás necesidades espaciais da zona de esperas.

O acceso a cuberto divide espacial e volumetricamente o edificio en dous, unha zona de atención primaria e outra de pediatría, esta entrada a cuberto está flanqueada por uns piares de vidro que identifican o edificio.

Obra: Centro saúde de Mesoiro, A Coruña

Autor: Hermo Iglesias Veiga Arquitectos (Víctor Hermo Sánchez, Juan Iglesias Babío, Iván López Veiga).

Colaboradores: Anabel Ortiz Conlledo

Ano: 2006-2010

Emplazamento: rúa Os Ancares, Mesoiro, A Coruña

Promotor: Sergas

Constructora: Antalsis S.L.

Estructura: Francisco Carballo e Carolo Losada

Instalacións: Eduardo Gómez Ramos e César Themudo Goday

Fotografías: Héctor Santos-Díez | BISimages_ Iglesias e Veiga Arquitectos

+ iglesiasveiga.es

veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, equipamiento dotacional, equipamiento sanitario, obras

Tags: , , , , , , , , , , ,