Centro de Recursos para personas con discapacidad | ARKB-Arrokabe arquitectos

A parcela atópase situada dentro dun medio rural de edificación residencial dispersa marcada polo eixo da estrada comarcal AC-234. Forma parte da zona ocupada por unha antiga tecería e a súa área de influencia. O novo edificio sitúase na parte máis alta, nunha zona da que se extraía a arxila que servía como materia prima e que posteriormente serviu como vertedoiro.

Está concibido para albergar unha proposta que compaxina a formación laboral coa exposición e divulgación das actividades dunha empresa da comarca integrada dentro dun grupo cuxa primeira finalidade é o fomento da integración laboral de persoas con discapacidade.

Proponse como unha construción de planta baixa e planta semisótano que, en sección longitudinal, atópanse “desprazadas”; adaptándose, así, á orografía da parcela.

A edificación preséntase como un zócalo pesado, que incorporará vexetación en toda a súa superficie, sobre o que se coloca unha estrutura lixeira de alicerces e vigas de madeira laminada que resolve a cuberta, a unha auga, da planta baixa.

O sistema estrutural modulado admite unha serie de variacións en planta que resolven a distribución e que permitiron asumir modificacións no programa durante o desenvolvemento da obra.

Ao norte presenta unha fachada continua e acristalada aproveitando a luz uniforme e abríndose ás vistas nas zonas de traballo. Ao sur, dentro dos límites marcados pola estrutura do edificio, disponse unha serie de zonas exteriores a cuberto que permiten controlar o soleamiento, resolven a comunicación vertical e serven como espazos intermedios que favorecen a continuidade co contorno inmediato.

Durante o transcurso da obra producíronse modificacións no programa que obrigaron a unha readaptación completa do edificio. Mantense o uso principal pero faise necesaria unha redistribución de espazos na planta alta coa que, dalgunha forma suprímense as zonas que poderían considerarse de pública concorrencia, salientando o carácter docente-asistencial do centro.

En proxecto tratábase dun centro de formación dirixido a persoas con discapacidade e centrado en temas de medioambiente pero unha vez en obra, tendo en conta o perfil de usuario ao que vai dirixido, con persoas que precisan unha formación que lle obriga a permanecer a diario no centro durante varias horas, considerouse que era necesario prescindir dos espazos máis abertos, (exposición, venda, etc…) e habilitar zonas cun carácter máis asistencial en planta alta: sala de curas, sala de rehabilitación, unha área acoutada de comedor, que funcionará con servizo de “catering”, e unha modificación nos aseos para facelos todos adaptados e incluír unha ducha.

En planta semisótano, na zona do almacén orixinal, acomódanse unhas “caixas” para talleres. Estes cambios na distribución dos espazos e no nome e o uso de certos locais non supoñen unha modificación do uso principal do edificio, pero pon a proba, mesmo antes de ser usado, a súa flexibilidade.

Así mesmo é moi probable que as previsións por parte do promotor de equipamentos destas características na zona, permitan devolver ao edificio o seu carácter orixinal polo que unha parte da tabiquería executada proxectouse como reversible.

Obra: Centro de Recursos para persoas con discapacidade

Autores: Lourdes Pérez Castro+Oscar Andrés Quintela+Iván Andrés Quintela [ARKB – arrokabe arquitectos]

Colaboradores: Manuel Pombo Nartallo,

Emplazamento: Boimorto, A Coruña, Galicia, España

Ano: Proyecto 2006. Fin de Obra 2009

Fotografía: Bernardo Diéguez

+ www.arrokabe.com

+ premios

Finalista na categoria de “Nova Planta”. XIV Premio COAG de Arquitectura [2011]

+ publicacions

“Seis Olladas de preto. Cuarta panorámica da arquitectura construida na proximidade” Abril-Mayo 2010. ETSA A CORUÑA. UNIVERSIDADE DA CORUÑA

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, equipamento cultural, equipamiento sanitario, obras

Tags: , , , , , , , ,