Casa V. Rehabilitación e Ampliación de La Rabadeira | Dosis de Arquitectura

A casa V consiste na rehabilitación, adaptación e a ampliación dunha vivenda de vacacións existente, realizada a principio dos ’60. A familia que habita a casa leva máis de corenta anos pasando as vacacións nela e, neses anos, o número de membros da familia foi crecendo pero a casa permaneceu igual sen poder cumprir as necesidades actuais e a medio prazo.

A intención do proxecto é a de realizar unha casa para unha familia completa. Un lugar onde poidan gozar das súas vacacións tres xeracións da mesma familia simultáneamente.

Para conseguir este propósito, as dúas xeracións máis novas habitarán a ampliación, que consiste nunha á lateral articulada coa antiga edificación na súa aresta nordés e cuxa cuberta serve de xardín privado á vivenda actual como resposta paisaxística á topografía existente.

A vivenda orixinal alberga agora as estanzas de interacción social e familiar, e tamén os dormitorios da primeira xeración. Cada membro da familia poderá ter a súa independencia pero formando parte dun conxunto único.

Un muro multicapa definido por un único detalle construtivo, que serve tanto de estrutura como de abrigo térmico e ambiental, serpea para abrazar os distintos acontecementos que suceden na casa. Os espazos defínense ao dispoñerse a materia no espazo tempo, e esta adáptase topoloxicamente ao que sucede no seu interior. A nova vivenda formalízase por discorrer continuo de nun envoltorio neutro – sen arestas, sen cor, sen textura – onde a vida, a acción, é a protagonista.

ESTRATEXIAS AMBIENTAIS.

Adoptando a “exergía” como unha combinación de estratexias (exergía = enerxía útil) entre as necesidades de uso de enerxía e solucións arquitectónicas específicas, minimizando os custos de mantemento e optimización de rendemento exergético do edificio. O illamento térmico está situado no exterior da casca externa, adherido ao muro de formigón que proporciona a inercia térmica de masa no interior.

No caso do sistema de cuberta axardinada intensiva, que non só integra o edificio no ecosistema existente, tamén engade ao edificio un importante illamento adicional, tanto térmico coma acústico, á inercia térmica proporcionada polo formigón da lousa. O edificio incorpora un sistema de quentamento natural do interior a partir da disposición das ventás, como reinterpretación das galerías de vidro da arquitectura vernácula da coruña.

Ao variar a posición de apertura debido ao serpeo do muro, recíbese un maior número de horas de incidencia solar, permitindo o quentamento natural por efecto invernadoiro, que nesta situación xeográfica, A Coruña, é de gran sostibilidade enerxética. Na estación de verán este efecto xera o movemento do aire por diferenza de presión e ventilación cruzada. A casa tamén dispón de tubos de baleiro en canto a sistema solar, o que reduce considerablemente o uso de combustibles convencionais.

Aínda Que orixinalmente o proxecto contaba cun xerador eólico adicional para xerar enerxía eléctrica adicional, púidose prescindir deste polo conxunto de solucións pasivas aplicadas.

Obra: Casa V. Rehabilitación e Ampliación de La Rabadeira

Cliente: privado

Tipo de Encargo: Anteproxecto, Proxecto Básico, de Execución e Dirección de Obra.

Tipoloxía: Vivenda unifamiliar.

Superficie: Rehabilitación: 300 m2 Ampliación: 450 m2

Localización: Oleiros, A Coruña, España.

Data: Anteproxecto: Decembro de 2006. Proxecto Básico e de Execución: Abril de 2008. Construcción: Outubro 2009 – Marzo 2013.

Autores: Ignacio Peydro Duclos + Isabel Collado Baíllo. (Dosis de Arquitectura)

Colaboradores: Pilar González Ariza. Fernando Alonso Tuero. Borja Comendeiro. Valentina Micucci. Federica Fiacchini. Rubén Guerrero. Adrián Jabonero. Jonathan Renier.

Consultores: Jorge Conde. IDEEE Madrid.(Estructura) Rafael Úrculo e Carlos Úrculo. (Instalacións) Raúl Pichel. (Aparellador e Seguridade e Saude) DOMO U+A. (Mediciones e Presuposto)

Constructora: Desarrolla

Fotografía: Héctor Santos-Díez | BISimages

+ dosis.es

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, obras, rehabilitación, vivienda unifamiliar

Tags: , , , , , , , , ,