Casa Paz | Arturo Franco-Fabrice van Teslaar

A casa Paz sitúase nunha urbanización dos anos 60, a 70 Km de Madrid aproximadamente. A arquitectura da zona poderíase considerar residencial convencional, sen ningún interese arquitectónico, construída con topoloxías e materiais tremendamente heteroxéneos. Aos arredores do pobo de Robledo de Chavela sitúase a urbanización Río Cofio e no límite desta, ao bordo dun acantilado que envorca sobre un pequeno río, encóntrase a parcela, 1.400 m2 sobre un terreo en forte pendente.

Á parcela accédese dende unha estrada que circula pola parte superior, xusto en fronte, mirando cara ao oeste, superando o val, vólvese levantar a montaña de xeito moi pronunciado, xerando un parque natural especialmente protexido. Cando vimos por primeira vez a parcela, sentimos a necesidade de poder chegar ata alí coa casa, de poder estar colgado en metade do val, suspendido na copa dalgunha árbore, case ao outro lado, escoitando o rumor de río Cofio xusto debaixo. A partir de aquí tivemos que resolver un problema técnico, funcional e, fundamentalmente económico. A necesidade de traballar practicamente sen recursos obrigo a agudizar o enxeño ata o extremo e a traballar por administración, subcontratar todos os oficios por separado. Ningún deles (todos oficios locais), nin de nós, nos enfrontaramos a un problema estrutural así para unha vivenda.

¿Como poder chegar ata alí sen diñeiro e conseguir un espazo único para os seus dous habitantes? Comezamos a pensar: outra nave de ferro como as daqueles constructivistas rusos visionarios, unha obra de Tony Carr, unha cadeira de Shapiro, unha peza de Max Bill, algo pesado e lixeiro ao mesmo tempo, a gravidade como problema, a escala como instrumento de traballo, unha mesa grande ou un barco pequeno. Definitivamente buscamos unha vivenda lineal de carácter ascendente. A liña recta e unha escaleira interior con grandes chanzos de 90 cm. de ancho, como de xardín, que articula todas as funcións. Baixo ela unha pequena piscina terapéutica de 2 m de ancho por 10 m de longo.

Todo o programa se desenvolve no interior dun paralelepípedo de estrutura metálica e pel de metal estirado (deploye) que se apoia sobre un vaso de formigón armado, colector da auga da piscina e dos depósitos de gasoleo, caldeira, depuradora, etc. O estomago do animal, deste artefacto de ferro onde se concentran todos os fluídos vitais. Todo iso a máis de 15 metros de altura sobre o río. Nove patas HEB 300 descargan o peso sobre o terreo. Son o único contacto da casa co chan. A casa, para manter o equilibrio estrutural e certa lóxica gravitatoria, voa sen ningún apoio 5,5 m sobre o río, e o mesmo cara á estrada, quedando só a 40 cm. do terreo sobre a zona de acceso. Deste xeito conséguese o equilibrio de masas ao levar, tamén, os elementos pesados á caixa de formigón e baixar así o punto de gravidade.

A grúa de que podiamos dispoñer só alcanzaba 18 m, é dicir, ata o final do vaso de formigón. Non chegabamos a poder construír o beiril mais ser afastados, así que tivemos que levantar toda a gaiola metálica da vivenda desprazada cara á estrada e, posteriormente, por medio duns tirantes manuais, deslizala sobre o vaso de formigón, por uns raís, para formar o beiril definitivo, coma se fose un tren.

En definitiva, esta casa foi unha aventura na que están a vivir Paz e o seu marido Tomas, aos que agradecemos a súa infinita confianza e valentía e, cos que, segundo din, se senten totalmente identificados.

Obra: Casa Paz
Situación: Urbanización Río Cofio. Robledo de Chavela, Madrid. España.
Año: 2006
Autor: Arturo Franco (arquitecto) e Fabrice van Teslaar (arquitecto)
Colaborador: Diego Castellanos (arquitecto de interiores e coordinador de la obra)
Aparellador: Salvador Baños
Promotor/Propietario: Paz Fernandez/Tomas Rodríguez
Área: 363.0 m2
Presuposto Total: Coste m2: 280.000 €. 771 euros/m2
Fotógrafo: Carlos Fernandez Piñar.
+ arturofranco.es
+ diegocastellanos.es

Recoñecementos:
-Seleccionada premios ENOR 2007
-Seleccionada para participar na exposición itinerante JAE (xóvenes arquitectos españoles) promovida polo Ministerio de Fomento para 2008
-Seleccionada para participar no programa PROXIMA (moi xóvenes arquitectos españoles) promovido pola Fundación Caja de Arquitectos para 2007

veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, obras, vivienda unifamiliar

Tags: , , , , , , , , , , ,