Casa Muros | ARKB-Arrokabe arquitectos

A construción ocupa unha parcela xunto ás trazas da antiga muralla medieval de Muros. Trátase dunha tipoloxía recoñecible de vivenda mariñeira, de reducidas dimensións, con dúas plantas e cuberta a tres augas.

A planta baixa estaba dedicada a almacén de apeiros de pesca e a planta alta ás estanzas vivideras.

O uso, xunto coa configuración da parcela deu lugar a unha disposición de ocos de fachada localizada unicamente na fronte o que dificultaba a habitabilidade do conxunto.

A nova vivenda desenvólvese en dúas plantas, cun único espazo dedicado a cociña, comedor e zona de estar en planta baixa e dous dormitorios e un baño na planta alta. O volume interior que xera a cuberta permite contar con alzadeiros que serven como espazos de almacenamento.

A solución para dotar todos os espazos dunha iluminación e ventilación axeitadas consistiu na inclusión dun pequeno patio pegado á zona cega da fachada lateral e a continuación do oco lonxitudinal da escaleira e o vestíbulo de entrada.

Esta organización espacial permite esponxar a planta, incorporando luz e minimizando os efectos adversos da reducida escala. Ademais define unha orde estrutural que forma un continuo co resto de elementos construtivos facendo que toda a obra, dende a súa concepción ata a súa execución, se asemelle á inserción dun moble.

No exterior, a pintura da carpintaría e o encalado directo sobre a pedra de fachada relaciona a protección destes elementos cunha tradición local que se está a perder.

Obra: Casa Muros

Autor: Arrokabe arquitectos [Óscar Andrés Quintela, Iván Andrés Quintela]

Emplazamento: Centro histórico de Muros. A Coruña. Galicia. España

Año: 2008

Fotografías: Arrokabe Arquitectos

+ www.arrokabe.com

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, obras, rehabilitación, vivienda unifamiliar

Tags: , , , , , , , , , ,