Casa Maceira | Castroferro Arquitectos

Casa Maceira Castroferro Arquitectos o5

A posición da casa a marca o brote de granito.

Unha gran masa de pedra estaba a nos esperar abaixo, o que fixo reformularnos todo o proxecto para deixarnos guiar por ese novo elemento que apareceu en escena.

Así, a edificación póusase lixeiramente sobre esa base pétrea, unha vivenda compacta por necesidade que só se ve vulnerada coa fenda que a entrada lle produce para sempre coidar esa chegada ao fogar.

O subsolo deunos a indicación do nivel e serán as impactantes vistas cara aos bosques de Oia os que nos diga como orientarnos.

De tal maneira que expomos unha vivenda deliberadamente opaca en tres fachadas, mostrando un certo grao de autismo e ausencia respecto a os veciños.

Un pequeno preámbulo de entrada, cun fermoso arce e rodeado de madeira, recíbenos. Contrastando a dura imaxe que poida dar a vivenda na súa distancia para moldearse á recepción do que chega.

O recibidor, previo achegamento a unha fachada que nos tapou as vistas, devólvenos toda a rotundidade das mesmas, agora xa desde dentro podemos gozar da paisaxe desde esa posición elevada que nos mandou ter o subsolo.

Esa fenda permítenos xerar cara a un lado un espazo independente do resto da vivenda que será o dormitorio principal, un lugar que busca ter ese carácter de ausencia con respecto ao resto da casa.

Unha zona de día aberta mestura os seus usos e, como o resto da vivenda, usa os bosques do fondo como pano deses usos. Dúas habitacións máis completan o programa da vivenda. Estas habitacións que teñen tamén entrada directa do exterior trasládanos á fachada a segunda afección sobre a caixa neutra.

A fachada norte cambia e convértese na xanela lonxitudinal que a vista parecíanos requirir.

Unha pequena piscina en microcemento cor terroso busca afastar a clorada imaxe das piscinas azuis e lembrar máis aos estanques case verdosos que se xeran na terra.

Obra: Casa Maceira
Autores: Castroferro Arquitectos [María González Ferro+Jordi Castro Andrade]
Arquitectos Colaboradores: Joana Covelo Alonso, Jacobo Pérez Castiñeiras, Alba Teiga Guzmán, Laura Vázquez Seoane
Fotógrafo: Héctor Santos-Díez
Ano: Maio 2019
Ubicación: Figueiró, Tomiño, Galicia, España
+ castroferro.com

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, obras, vivienda unifamiliar

Tags: , , , , , , , , , , , ,