Casa Fernán | Xulio Turnes Vieito

Esta obra representou a nivel persoal unha experiencia sumamente estimulante. Principalmente, porque resulta ser o meu primeiro proxecto construído. Nel, súmanse tódalas dúbidas do principiante e toda a inexperiencia posible, pero tamén a forza dunha grande ilusión. No proxecto en si, concorrían distintas circunstancias relativas ó propietario. O encargante resultaba ser unha única persoa (sen familia) que se trasladaba a Santiago por motivos laborais e que pretendía adquirir unha vivenda para a súa rehabilitación. Estes eran os puntos de partida, que se foron enriquecendo, na medida en que se me requiriu para participar na propia elección da vivenda. Sen dúbida, un feito sorprendente, pero, se cabe, me implicaba máis aínda.

Finalmente, escolleuse unha pequena casa no nº 57 da rúa Espírito Santo, en Santiago de Compostela. Unha peza que se incrustaba no tecido do casco histórico e polo tanto, suxeita a toda a súa regulamentación. Trátase dunha vivenda entre medianeiras, pero que tamén é cega na súa parte posterior, servindo o seu muro traseiro de contención. Así mesmo, o estado no que se atopaba a construción era lamentable, xa que había grandes infiltracións pola cuberta e a estrutura de madeira era practicamente insalvable.

Había que empezar entón de cero, e plantexouse que a luz fora a auténtica protagonista. Permitiuse que esta atravesara tódalas estancias e recuperar así un espazo moito máis amplo fronte á compartimentación excesiva que había. A vivenda pasou a ser moito máis diáfana, tanto nas súas plantas, coma en sección.

Por outra banda, apostouse moi decididamente por un único material, este ía ser, a madeira de eucalipto. Faise uso de vigas e pontóns laminados, pero sobre todo un emprego intesivo do taboleiro alistonado. Este produto, que se comercializa case exclusivamente para a formación de chanzos de escaleiras, empregouse aquí dende o propio piso ata tabiques e mobles de obra.

Luz e eucallipto confírelle unha certa homoxeneidade ó conxunto, sendo o fío condutor a propia escaleira, que se mantén co mesmo desenrolo e posición. Esta, en ocasións libraría, convértese nun acompañante dese percorrido que se inicia na rúa, de estreitas dimensións, para sorprendentemente rematar con vistas ó monte Pedroso.

Obra:  Rehabilitación de vivienda unifamiliar
Autor: Xulio Turnes Vieito
Colaboradores: Elena López Fernández e María Veiga Fernández
Ano: 2006 – 2008
Emprazamento: Rúa Espíritu Santo nº 57. Santiago de Compostela
Memoria: Xulio Turnes Vieito

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, obras, vivienda unifamiliar

Tags: , , , , , , ,