Casa Chao | CREUSeCARRASCO

Volver construír unha pequena vivenda de pouco máis de 3 metros de ancho e 16 de fondo no extremo dunha mazá. Resolver con claridade a escena urbana, achegando unha visión renovada do modo de construír, sen esquecer a propia identidade, mediante referencias á historia e cultura do lugar.

Edificar en madeira, recordando a construción mariñeira, utilizando táboa pintada de branco, cor insistente en galerías e entrepanos das casas da vila. Facer pétrea parte da planta baixa, en continuidade coas fachadas da rúa tradicional.

Recoller o espírito da arquitectura popular sen renunciar a unha expresión propia.

Ter aproximadamente 120 m² útiles repartidos entre b+2+bc. A planta baixa como entrada e garaxe para 2 coches. A primeira, zona de día: estar e cociña. A segunda, cuarto con estudo e baño. O baixo cuberta, cuarto con baño.

Facer unha formulación sinxela baseada na dimensión lonxitudinal dun espazo diáfano e na centraliade dos accesos.

A escaleira, arrimada á medianeira, deixa estanzas a cada lado, mentres a fachada, na súa parte central, lle fai sitio como saliente en plantas altas ou a aproxima como entrada a cuberto no acceso principal.

As alturas dobres e as estreitas ventás-balcón, relacionan as plantas entre si e o espazo exterior, sen chegar a mostralo todo.

Reinventar, coa súa aparencia urbana, un novo espazo vivo, ata agora en ruína e sen resolver.

Obra: Casa Chao

Localización: Corcubión, A Coruña, Galicia, España

Autores: Juan Creus e Covadonga Carrasco

Colaboradores: Bárbara Mesquita, Celsa Pesqueira

Promotor: José Manuel Chao

Constructora: J. M. Rodríguez Garrido

Estructura: Félix Suárez Riestra

Instalacións: Isabel Francos Anllo

Data de Proxecto/Terminación: Xuño 2012 / Decembro 2013

Superficie útil: 162,74m² / Superficie construida: 221,78m²

Fotógrafo: Héctor Santos-Díez | BISimages

+ creusecarrasco.es

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, obras, rehabilitación, vivienda unifamiliar

Tags: , , , , , , , , , , , , , , ,