Cardigan Bridge

“A creatividade nun artista plástico pode tocar diversas disciplinas, en ocasións compleméntanse para dar lugar a un conxunto evocador que busca raptar ao observador da súa realidade inmediata, transportalo a outros mundos ás veces interiores e poéticos creados polo propio autor”.

Así, unha das nosas artistas galegas multidisciplinares que xa figura no Catálogo Nacional de Arte , Rebeca Ponche, definía dalgún modo o seu traballo “A miraxe do mariño” proxecto que conxuga cinco disciplinas diferentes e que puidemos gozar no Museo do Mar de Vigo durante o ano 2008 e que en 2011 poderase visitar no Museo Marítim de Barcelona. Este proxecto foi seleccionado por Elena Dopazo comisaria da V Bienal de Arte de Roma en 2003 e recoñecido polo seu valor multidisciplinar na publicación Culturas da Vangarda en 2005.

Pintura, fotografía, poesía, xogos de luces, música….todo deseñado e creado pola autora inspirándose na nosa Costa da Morte, as mulleres que esperan no porto e a relación mística do mariño co mar, con Poseidón.

Instalacións, performances, pero tamén comisariados e direccións de proxectos nos que Ponche sempre inclúe e apoia a obra doutros artistas novos galegos, traballando con fondos da CEE e de Institucións na súa mayoria catalás para proxectos como Rurart, o Festival Bopart de Barcelona ou o proxecto En Feminino que levou o recoñecemento do Instituto Catalán da Muller en 2009.

Ao longo das súas instalacións vistas en salas e museos diversos sempre estiveron as súas pezas plásticas acompañadas de música orixinal composta por ela mesma. Durante este últimos dez anos tamén colaborou con outros artistas, a súa voz e música acompañaron pezas de danza, de teatro, performances e proxeccións de fotógrafos tan recoñecidos como Jordi Oliver. Inaugurou coas súas composicións musicais importantes actos por exemplo a IX Mostra Unión FENOSA entre outros.

Agora a súa versatilidade e inquietude sorpréndenos presentando un disco autoproducido baixo o alter ego Cardigan Bridge (o seu propio nome traducido ao inglés)no que escoitamos 9 temas de estilo variado e persoal, co selo inconfundible que todos os seus traballos multidisciplinares levan, unha relación profunda coa natureza e unha poesía intimista.

Presentado o pasado 30 de Xuño na Praia Club da Coruña, percibimos todas e cada unha das influencias deses lugares distintos nos que viviu, Paris, Dublín, Barcelona, e como non a Galicia rural na que vive.

Xeniais músicos colaboraron con ela neste proxecto , cabe destacar o exquisito traballo do arreglista Nacho Varela, así como os elegantes arranxos de batería de Bruno Couceiro, destacando tamén o só de trompeta de Darién Polo en clave jazz do tema “Among the clouds” no que Amai Rodríguez Premio Cibeles 2009 viches a Cardigan Bridge para o vídeo clip.

“É difícil sacar adiante soa un proxecto musical autoproducido na súa totalidade, polo que sen as persoas que o escoitan, apóiano e compran o disco seria moi difícil continuar traballando, a todos eles estoulles moi agradecida polo seu apoio” recoñece Rebeca.

Nosa artista coruñesa actuará en Broadway Off Nova York o próximo mes de setembro como parte musical da obra The Diva da actriz e directora Ana Asensio obra apoiada polo Consulado de España en Nova York. Ana Asensio actriz madrileña moi recoñecida e afincada en Estados Unidos colaborou xa noutras ocasións con Cardigan Bridge, pois é a protagonista do vídeo clip do disco “One thousand poems”

O seu disco pode atoparse no Fnac e pode escoitarse gratuitamente na súa páxina web www.cardiganbridge.com

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: artigos, publicacións

Tags: , , , ,