Buscar traballo como arquitecto novo: Unhas cantas suxestións | Lourdes Bueno-Miguel Villegas

5 (100%) 1 vote[s]

fotografía cc by-nc | Ro_buk | arquitextonica.net

[…]

Working | Fotografía Ro_buk

Levamos tempo con este tema na mente. Somos un estudo pequeno e cunha traxectoria aínda curta, co que cada vez que recibimos un currículo, e recibimos moitos, ataféganos ver tanto potencial que non podemos aproveitar.

E como non podemos contratarvos a todos os tremendos arquitectos que nos pedides traballo, imos tratar de axudarvos así, escribindo esta pequena lista de recomendacións. Non pretendemos colocarnos por encima de ninguén, pero ao recibir os CVs vímonos na necesidade de avalialos e hai cousas que nos pareceron interesantes, outras nos descolocaban e outras nos deixaron desagradablemente soprendidos. Deixámosvos a lista de suxestións coas nosas impresións respecto diso:

Selecciona os teus obxectivos. Estuda as empresas nas que che gustaría traballar. Ordénaas por orde de preferencia e empeza pola máis alta, aquela na que realmente che encantaría estar a traballar. Xa terás tempo de ir baixando na lista.

Diríxete ás persoas. Decátate de quen se encarga do tema de persoal, ou do nome dos titualres do estudo e diríxete a eles. Se nos chega un correo que o primeiro que di é “Ola Lourdes e Miguel” pódovos asegurar que o lemos enteiro. Se nos chega outro que di “Ola, encantaríame traballar convosco” (e xa está, caso verídico) lémolo enteiro pero xa nos interesa menos porque esa persoa non tomou interese en nós.

Personaliza a túa solicitude de emprego. Estuda un pouco que fai o estudo/empresa á que che dirixes, e dunha forma moi concisa, expón que é o que te interesa e que cres que podes achegar ao seu traballo. Non fagas a pelota. Nótase e deixa unha sensación rara.

Acompaña un portafolios gráfico co teu traballo. Aínda que a túa especialidade non sexa proxecto, os arquitectos, e en xeral todos nesta época, somos seres visuais. Se es calculista de estruturas, que haxa unha foto de cada estrutura que calculaches, ou un diagrama de cores rechamantes do ansys, pero engade algo visual. Un CV de catro folios de texto é duro de ler.

Desprega os teus capacidaddes. Como nos suxire  Fco. Javier. PPode ser moito máis importante contar non todos os traballos que fixeches se non que fixeches e por que esa tarefa é importante para ti.

Se conciso no teu portafolios. Cinco ou seis dos teus mellores proxectos e un A4 por cada un (non se che esqueza que no PDF se pode facer zoom), son máis que suficientes.

Se traballaches con/para outros compañeiros, indícao. Se inclúes como proxecto a sede da filharmónica de Berlin, non trates de coala e indica que o teu traballo foi o de recortar as esquinas das curvas ata deixalas lisitas…

Coida a presentación. Recibimos CVs de compañeiros presentados en Times New Roman. Non temos nada contra a Times… bo se, é a letra por defecto de MSWord e o seu uso adoita indicar que non te molestaches en preparar a imaxe do teu traballo.

Constrúe a túa marca persoal. Como nos comenta Fernando de Terapia Urbana é o prime paso. Ti mesmo es unha empresa que aos compañeiros aos que te dirixes debe interesar contratar. Non descoidemos tampouco o tema da identidade dixital desta/a túa empresa.

Prepara un soporte web. Nada espectacular. Algo sinxelo que avale o teu traballo. Se evitas o MySpace e o uso de webs superfantásticas en flash mellor que mellor. ¿Achegas un enlace ao teu perfil en LinkedIn e telo ao día? Perfecto. ¿O teu portafolios telo ordenado nunha presentación a pantalla completa en Flickr? Estupendo. ¿Tes un video da túa presentación de proxectos XIX na escola no que montaches infografías sobre video capturas? Es un crack e o teu traballo é moi interesante. Aprovéitao. Ollo, todos os exemplos anteriores son a custo 0,00 €…

Trata de conseguir unha entrevista persoal. Se cres que te defendes mellor en persoa, tes algo interesante que achegar ou algunha proposta. Trata de conseguilo. Sobre todo en estudos pequenos como o noso. A nosa última colaboración xurdiu así. Un CV+Portfolio interesante, que tiñamos convenientemente arquivados, un café para coñecernos en persoa e ao día seguinte Ignacio incorporárase ao estudo.

Se tes experiencia especial nalgún tema se concreto. Poñer, en 2011, que entre os teus coñecementos informáticos está “internet” non só non é relevante se non que evidencia que non sabes en que ano vives.

Usa as túas referencias e contactos. Se algún antigo xefe ou profesor relevante che pode escribir unha carta de recomendación, pídella e achégaa ao teu CV. Se alguén pode falar ben de ti seguro que che axuda.

Sen esperalo saíunos un decálogo, pero seguro que tedes máis ideas (xa sabedes, aos comentarios), xa sexa da vosa experiencia buscando curro ou recibindo solicitudes.

Esperamos que vos sexa de axuda. A situación é moi dificil e hai moito potencial na rúa e moitos arquitectos nas súas oficinas que non saben que podedes ser unha potente achega ao seu estudo. ¡Ánimo!

Lourdes Bueno + Miguel Villegas, arquitectos
Editores en arquitextónica
Sevilla, novembro 2011

Arquitextonica.net es editada desde 2003 desde Sevilla por Lourdes Bueno Garnica y Miguel Villegas Ballesta. Desde hace un tiempo, decidimos sacar nuestra actividad profesional de aquí y trasladarla a villegasbueno arquitectura, así arquitextonica se quedó como nuestro espacio para la investigación, difusión y comunicación. Nos interesa dedicarnos a desarrollar e investigar en proyectos de arquitectura, con dos líneas fundamentales de trabajo.

La de vivienda social, alojamientos residenciales y arquitectura docente, que dirige Lourdes, y la diseño computacional y arquitectura para la sociedad de la información, que dirige Miguel. El trabajo que hemos venido desarrollando en arquitextonica.net desde el 2003 nos ha llevado también a trabajar por y para la difusión de la arquitectura y el diseño en internet, haciendo un énfasis especial en promocionar el talento de nuestro entorno. Lo llamamos #Ser_Red.

En la lista de etiquetas de la columna de la derecha puedes ver un registro más explícito de nuestros intereses. Si te interesa nuestro trabajo, no dudes en ponerte en contacto con nosotros.

follow me

Arquivado en: faro, Lourdes Bueno - Miguel Villegas

Tags: , , , , , , , ,