Brutselas #01 | eiza


Bruxelas é esa cidade da que sempre oímos falar e da cal non obstante, non temos unha imaxe clara: a medio camiño entre capital das institucións europeas e base de operacións de excursións turísticas (Bruxes, Gante, Amberes…), Bruxelas esconde bastante máis para aqueles que viven nela e teñen a ocasión de ir coñecéndoa día a día.

Como arquitecto, e bruxelés de adopción dende hai dous anos, intentarei contarvos dende o meu punto de vista, e a través dos meus “arquicomics” como é e como se vive esta cidade. Para iso, propóñovos empezar está “presentación” de Bruxelas partindo da súa tipoloxía máis característica: a “maison bruxelloise”, un esquema de casa aparentemente moi sinxelo pero que ten consecuencias sobre a trama urbana, o modo de vida, os espazos interiores, a densidade da cidade e tantos outros aspectos.

eiza, arquitecto e ilustrador
Bruselas, maio 2015

Jaime Eizaguirre / eiza (A Coruña, 1980) é arquitecto e ilustrador. Dende hai dous anos vive e traballa en Bruxelas, cidade que nos descubrirá a través desta serie de “arquicomics”: Brutselas.

Eiza
Eiza Autor

Es dibujante y arquitecto, por la ETSA de Madrid. Ha participado con ilustraciones en diversas publicaciones y concursos desde pequeño. Desde 2005 trabaja como arquitecto con diversos estudios, donde a menudo utiliza sus dibujos a mano y sus cómics a la hora de presentar los proyectos. Actualmente vive y trabaja en Bruselas.

follow me

Arquivado en: Eiza, nasa

Tags: , , , , , , , , , , , , ,