Bruce Goff [1904-1982]

Falando de obras que non se relacionan co seu contexto, veume á memoria un arquitecto norteamericano, non demasiado coñecido por estas lareiras, a quen se lle atribuíu o mesmo pecado arquitectónico a mediados do século XX, o neno prodixio: Bruce Goff, ao que (cóntase no mundo dos mitos) Frank Lloyd Wrigth aconsellaría non estudar nunha escola de arquitectura, para non limitar o seu talento e imaxinación. Este controvertido arquitecto, que na súa época foi considerado como un dos artistas mais creativos e brillantes da súa xeración, non lle temía ás críticas dos seus colegas. Experimentou coa expresión de toda clase de formas, materiais e estruturas, abrindo o camiño para a aparición de arquitecturas contemporáneas como a de Frank Ghery ou Peter Eisenman.

Todo isto vén a conto, con motivo de que en verdade o que lembrei fué un filme sobre as obras de Goff, o do cineasta alemán Heinz Emigholz titulado: “Goff in the desert” (2002), á mantenta do cal, o realizador refírese á arquitectura de Goff dicindo: “ …..os seus espazos vólvenme tolo, envexo totalmente a súa capacidade de deseñalos…pode ata conmoverme”.

http://www.youtube.com/watch?v=qP-yPOEh_zw

[…]

perrachoca

+ artigo publicado en arquicine.blogspot.com

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: tv

Tags: , , , , , , ,