Bravos. Diseño español de Vanguardia

O arquitecto Juli Capella recolle no libro Bravos – Deseño español de Vanguardia a traxectoria de ”21 diseñadores españois para o século 21”. Superada xa a etapa anterior que veu marcada por Javier Mariscal e a época post-olímpica, novos nomes forman a xeración actual: imaginativos, frescos, interneteros e sostenibles, pero faltos de músculo empresarial que lles apoie. Así é o novo deseño español. Malia ser prolífico en ideas e admirado internacionalmente, o deseño español segue acusando a falta dunha industria produtiva económicamente liquide. Moitos autores da nova xeración optaron por autoproducir as súas creacións e ata tratalas como obxectos de arte, por falta de musculatura empresarial que de saída ás súas creacións.

Bravos é un libro sobre deseño industrial que fala de persoas, máis que de obxectos. Nomes como Martín Azúa, Emiliana Design, Luís Eslava, CuldeSac, Joan Gaspar, Martí Guixé ou O Último Grito, por citar algúns, forman esta nova xeración cada vez máis influenciada polos ritmos da moda, que como o seu nome indica, pasa de moda, vén e vai, nace para morrer. A arte á súa vez tamén repercute nas creacións das novas xeracións e imprímelles un carácter de espectáculo moi distante ao espírito do deseño racionalista de outrora. Neste contexto, conta máis a firma do autor que o obxecto en si.

Capella denomina a este fenómeno unha aproximación philipstarckista do deseño, e nesta corrente poderían situarse dúas dos nosos autores máis recoñecidos internacionalmente: Jaime Hayón e Patricia Urquiola. Pero tamén é certo que nesta explosión imaginativa, recoñece o propio autor, atópase a semente da innovación: “sen eses inventos que se saen do normal, seguiriamos sentándonos nas mesmas cadeiras que fai 100 anos”.

Bravos. Diseño español de Vanguardia

Juli Capella

Editorial Lunwerg

Tapa dura

28,0 x 29,0 cm

280 páginas

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: libros, publicacións

Tags: , , , , , , , , , , , ,