Borja López Cotelo

Leica | Borja López Cotelo
12-07-2019 Sen comentarios

Leica | Borja López Cotelo

5.0 01 Por suerte, nuestra mente no está formada por compartimentos estancos. Al menos, no la de Oskar Barnack. Había trabajado desde 1911 en el desarrollo de una cámara de cine para la empresa Leitz, pero todo cambió cuando se preguntó qué pasaría si exportase ciertas ideas al diseño de una cámara fotográfica. Las incómodas planchas metálicas hacían de la […]

Cadeira ovo. Arne Jacobsen | Borja López Cotelo
14-06-2019 Sen comentarios

Cadeira ovo. Arne Jacobsen | Borja López Cotelo

5.0 01 Ao cruzar a porta do hotel Radisson SAS, na bulliciosa avenida Vesterbrogade, algo estraño ocorre. O tempo parece suspendido. Alén da rúa, o Tívoli enfróntase co seu onírica exhuberancia á estrita xeometría que Arne Jacobsen debuxou para a súa torre no Centro de Copenhague Pero no vestíbulo do Radisson, todo parece responder a un universo de formas puras, […]

Cadeira Ant. Arne Jacobsen | Borja López Cotelo
24-05-2019 Sen comentarios

Cadeira Ant. Arne Jacobsen | Borja López Cotelo

5.0 01 Arne Jacobsen considerábase a si mesmo, ante todo, arquitecto. Pero a transcendencia dos seus mobles fixo que sexa recoñecido como deseñador industrial, algo do que sempre tentou fuxir. Jacobsen cría que o deseño, a arquitectura e as artes podían funcionar como un todo, de acordo coas ideas da gesamtkunstwerk. Este ideal de síntese artística levoulle a deseñar a […]

Unha casa en Finlandia. A fantasía e a memoria | Borja López Cotelo
07-11-2014 2 comentarios

Unha casa en Finlandia. A fantasía e a memoria | Borja López Cotelo

5.0 01 Comecei a camiñar entre as coníferas. Os seus madeiros xeométricos filtraban os raios dun sol pálido. Eran os últimos días de maio e o sobre o lago Päijänne flotaban aínda algúns anacos de xeo, preguiceiros nesas últimas semanas de letargo invernal. Camiñaba lento, temendo encontrarme de súpeto coa vivenda que Alvar Aalto construíra para si mesmo nese lugar. […]

Entrevista comigo mesmo | Borja López Cotelo
03-10-2014 Sen comentarios

Entrevista comigo mesmo | Borja López Cotelo

0.0 00 Abrín os ollos naquel cuarto de cor amarela. Ao meu arredor, centos de libros e cadernos apoiábanse sobre mobles diseminados pola caótica estanza. Poe, Melville, Tolstoi ou Maupassant amontoábanse en insólito equilibrio. O chan estaba repleto de folios engurrados, vítimas sen dúbida dalgún acceso de ira. Eu xacía sobre un deses fermoso diváns deseñados por Jeanneret e Perriand. […]

Os cadernos de Sverre Fehn | Borja López Cotelo
12-09-2014 4 comentarios

Os cadernos de Sverre Fehn | Borja López Cotelo

0.0 00 Esas mañás claras de xuño disfrazaron a cidade de Oslo. Pechando os ollos, deixando que o sol quentase a pel, un podía crer que se encontraba en Palermo, en Esmirna, quizais mesmo en Cádiz ou Tánxer. Pero ao final da rúa había un vestíbulo verde que debiamos atravesar cada día: o discreto Nasjonalmuseet custodiaba o labirinto de cadernos […]

O Club dos Paraísos Perdidos | Borja López Cotelo
01-08-2014 Sen comentarios

O Club dos Paraísos Perdidos | Borja López Cotelo

0.0 00 Camiñaba devagar pola rúa Dei Greci. Era xoves, e na atmosfera tranquila desas últimas horas do día, Venecia parecía outra cidade. Crucei a ponte, perdinme pola charramangueira Riva degli Schiavoni e senteime no bordo dunha canle a ver pasar a vida, deixando que as miñas pernas oscilasen a poucos centímetros da auga. O estucado vermello das fachadas pareceume […]

Pelexa, critica, emigra | Borja López Cotelo
18-07-2014 3 comentarios

Pelexa, critica, emigra | Borja López Cotelo

5.0 01 A crise rematou. Os políticos sorrín de novo nos xornais e os medios enxalzan un país que soubo manter a compostura durante cinco anos de impía tempestade. Volveron as palmadas nas costas. Pero talvez o milagre pasase ante a miña porta, unha vez máis, sen deterse: os clientes non se amontoan no meu estudo e ninguén no meu […]

A casa que no era un barco | Borja López Cotelo
07-07-2014 Sen comentarios

A casa que no era un barco | Borja López Cotelo

5.0 01 Falouse desta casa como un barco a punto de facerse ao mar1. Quizais pola súa situación, nese fino fío que separa terra e mar, ou talvez por aquela foto descolorida de Ramón Vázquez Molezún aferrado ao leme dun barco, protexendo o seu cranio cun gorro de la. Pero todos sabemos que esa casa non é un barco, do mesmo […]

Un día de 1958 | Borja López Cotelo
20-06-2014 Sen comentarios

Un día de 1958 | Borja López Cotelo

5.0 01 O sol brillaba no ceo de Bruxelas abrasando os visitantes da explanada de Heysel. Sverre e Reima bebían, a pequenos sorbos, un café africano. Reima respirou fondo, pensou uns segundos, e dixo: -Segundo se aprende a imaxinar con maior e maior concentración deixas de poder traballar con obxectos ou esquemas prefabricados… Lo realmente imaxinable é o que realmente […]

A parábola do inglés | Borja López Cotelo
23-05-2014 Sen comentarios

A parábola do inglés | Borja López Cotelo

5.0 01 Recordo a miña breve estanza no St. James College, en Maypole Green, Essex. Nas tardes de chuvia, o repicar das gotas contra o peitoril soaba como o segundeiro dun reloxo que parecía ir cada vez máis lento, mentres unha paisaxe verde e gris se filtraba a través da ventá oxival. Eu, a miúdo, perdía o tempo rebuscando na […]

Influencias no debuxo de Aldo Rossi: matando o pai | Borja López Cotelo
04-04-2014 Un comentario

Influencias no debuxo de Aldo Rossi: matando o pai | Borja López Cotelo

5.0 01 A miúdo o tempo dilúe a certeza. Aldo Rossi emerxeu na segunda metade do século XX como o home chamado a iluminar unha xeración á sombra da modernidade. Iconoclasta precoz na súa proposta revisionista do urbanismo contemporáneo, moitos creron ver na súa teoría o camiño a seguir na definición dunha nova arquitectura. Os seus postulados sobre o valor […]

O penalti de Jørn Utzon | Borja López Cotelo
03-03-2014 Un comentario

O penalti de Jørn Utzon | Borja López Cotelo

5.0 01 A noite do 20 de xuño de 1976 caía unha chuvia fina sobre Belgrado. Antonín paseou a súa figura pendente polos corenta metros que separan o centro do campo do punto de penalti, colocou o balón e retrocedeu para coller carreira. Levantou a cabeza. Ante el, ese rostro osudo e feroz de Sepp Maier; talvez entón se acordou […]

De vocacións | Borja López Cotelo
16-09-2013 Un comentario

De vocacións | Borja López Cotelo

5.0 01 Ninguén no meu barrio coñecía a Mies Van der Rohe. Os nenos non soñabamos con ser Alvar Aalto porque o noso altar o ocupaban Bruce Lee, Rocky Balboa, Peio Uralde ou Zoran Stojadinovic. Eu, que era un pouco raro, ás veces cambiaba de obxectivo e aspiraba a suceder ao gran Sempé. Os días transcorrían entre libros de matemáticas, papeis esborranchados e horas […]

Automoribundia | Borja López Cotelo
15-07-2013 Un comentario

Automoribundia | Borja López Cotelo

5.0 01 Podemos mirar á Morte de face; pero sabendo, como algúns de nós saben hoxe, o que é a vida humana, ¿quen podería sen tremer mirar de fronte a hora do seu nacemento? Thomas de Quincey Primeiro tempo. A festa que cheiraba a napalm. Alí estaba o meu pai, mirándome con aprobación. O seu único fillo decidira estudar arquitectura […]