Baixar a mirada | Íñigo García Odiaga - veredes

Baixar a mirada | Íñigo García Odiaga

5 (100%) 1 vote

Ludwig Mies van der Rohe (1886-1969) y la casa Farnsworth
Ludwig Mies van der Rohe (1886-1969) e a casa Farnsworth

Rexeitar a mirada directa dos ollos pode ser síntoma de vergoña ou timidez, así adoita interpretarse cando alguén nos baixa a mirada. Pero nalgunhas culturas como a xaponesa é síntoma de respecto. Para o arquitecto este xesto pode ser de submisión.

Mies baixa a mirada para meterse no espazo e así adaptarse á escala da maqueta. Ao baixar os seus ollos, descende o punto de vista e con el, o horizonte igualándose ao do lugar construído con cartón, madeira e metal do modelo tridimensional que ocupa a súa mesa.

Transfórmase así o arquitecto en usuario, en visitante que percorre o edificio proxectado e que coa súa mirada adestrada tenta confirmar as sensacións que nos seus debuxos e bosquexos previos intuíra.

A maqueta non é un obxecto morto, non é unha representación que busca engrosar a figura publicitaria do arquitecto cando coloque a primeira pedra. É pola contra unha ferramenta, un material no que construír o proxecto, probar as ideas, testar as formas, comprobar os volumes e corrixir os erros.

É por tanto un bosquexo, do mesmo xeito que o é un anaco de papel cun apuntamento, pero tridimensional e por tanto susceptible de ser percorrido coa mirada polas súas entrañas, de modo que se anticipen os espazos futuros e que poidan ser reordenados por aqueles que os esculpen.

Frank Gehry faio con microcámaras como as das endoscopias que percorren o noso organismo durante unha operación cirúrxica, pero Mies non dispoñía desa tecnoloxía e faio baixando a vista, escalando a súa mirada.

No siente vergüenza, sino respeto por el espacio que la arquitectura va a construir en un futuro.

Mies van der Rohe y la maqueta del Seagram
Mies van der Rohe y la maqueta del Seagram

Íñigo García Odiaga. Arquitecto
San Sebastián. Abril 2016

Íñigo García Odiaga
Arquitecto. Editor de NOMU. 1/5 del estudio de arquitectura VAUMM. Vivo en Donosti.
follow me

Arquivado en: artigos, Íñigo García Odiaga

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , ,