Arquitectura e Crítica

5 (100%) 1 vote[s]

Un par de aclaracións para empezar: quizais o ambicioso título do libro, Arquitectura e crítica, poida confundir aqueles que esperen un sesudo e voluminoso compendio sobre crítica. Nada máis lonxe da realidade tratándose dun texto perfectamente accesible de pouco máis de 120 páxinas. Seguramente sería máis propio falar de texto introdutorio á materia, no que se tocan os principais aspectos disciplinares e o contexto intelectual no que se moveron os autores máis significativos.

“A crítica comporta un xuízo estético. O devandito xuízo consiste nunha valoración individual da obra arquitectónica que o crítico realiza a partir da complexidade da bagaxe de coñecementos de que dispón, da metodoloxía da que fai uso, da súa capacidade analítica e sintética, e tamén da súa sensibilidade, intuición e gusto.” Así describe Montaner a crítica na introdución a este texto con vocación didáctica.

Unha das principais achegas do libro é a posta en relación das principais correntes de pensamento do século XX coas trazas fundamentais da historiografía arquitectónica e as súas interpretacións contemporáneas. O autor, nun exercicio de síntese realmente meritorio, é capaz de establecer un mapa fundamental das relacións entre pensamento e arquitectura, elemental para quen pretenda iniciarse na materia.

[…]

David H. Falagán

Arquitectura y crítica

Josep Maria Montaner

Gustavo Gili, 2013 (1999)

+ artículo publicado en arquilecturas

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: libros, publicacións

Tags: , , , , , , , , , , , ,