Alta Montaña | Íñigo García Odiaga

5 (100%) 1 vote

Durante os meses de inverno una das actividades que ocupa de maneira importante o lecer é o goce da montaña. Equipamentos de diferente índole como refuxios, albergues ou estacións de esquí están a superar aos poucos a súa simple condición de edificios de montaña para incorporar arquitecturas que dalgunha maneira melloren a oferta e a calidade do servizo ofrecido.

Do mesmo xeito que a oferta turística estival está a incorporar á súa oferta o valor engadido da arquitectura superlativa dos seus hoteis ou servizos para ser máis competitiva, utilizando a arquitectura de vangarda como elemento de reclamo, os xestores do turismo de inverno, o que poderiamos denominar turismo de montaña, tamén están a reclamar unha nova arquitectura para os seus edificios.

Esta situación na que a arquitectura contemporánea penétrase en territorios como as estacións de esquí, cuxas arquitecturas tradicionalmente foron de escasa calidade e mesmo xogaban en contra da paisaxe e a calidade da oferta de servizos que estes centros prestaban, viuse transformada pola necesidade de competir entre estacións ou diferentes centros de montaña.

por vaumm.blogspot.com

[…]

VAUMM _ iñigo garcía odiaga _ publicado en MUGALARI 14.01.2011

+ artigo publicado en vaumm.blogspot.com

Arquivado en: faro, Íñigo García Odiaga

Tags: , , , , , , , ,