ARGALLAR. Exposición para xogar coa arquitectura

ARGALLAR. Exposición para jugar con la arquitectura

Un mundo por construír e deconstruír con posibilidades infinitas e ilimitadas, a través do xogo e polo xogo. Isto é o que vos agarda a grandes e pequenas/os en ARGALLAR !

ARGALLAR é grande artefacto de compendio de xogos a partir da arquitectura e a partir dun concepto: os espazos de relación xerados a través do xogo.

As nenas e os nenos xogando son a exposición en si, o xogo constrúe este espazo, que propicia e incorpora múltiples variantes, xerando autonomía, liberdade e lugares de relación entre os seus xogadores. Para iso, créanse diferentes zonas de xogo, dentro dunha mesma paisaxe, onde as accións superpóñense e cohabitan.

Coma se dun gran xoguete se tratase, ARGALLAR procura estimular a imaxinación dos visitantes, sen tentar dar un final ao xogo, senón múltiples continuacións. O carácter dos espazos arquitectónicos destinados á exposición , reforzan a idea da proposta.

ARGALLAR cos seus xogos de construción de carácter xeométrico será unha experiencia amena para grandes e cativada. Ofrece un espazo onde desenvolver as accións, gozar dun tipo de xogo, para cada posibilidade e conveniencia.

Trátase, en definitiva, de ofrecerlles ás familias, pero sobre todo á cativa un tempo que transcorrerá dun modo inesquecible, no que conxugar habilidade e diversión a través dos enxeñosos dispositivos lúdicos que se espallarán polo Museo Centro Gaiás e ao alcance de todos os públicos.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, exposiciones

Tags: , , , , , , ,