ar+d – Emerging Architecture Awards

Un ano máis, a revista británica The Architectural Review e a firma danesa de herrajes arquitectónicos d line, presentan o concurso ar+d AWARDS, en colaboración con ARCON, distribuidor exclusivo de d line en España e co-patrocinador oficial do concurso no noso país. O certame ar+d AWARDS, que este ano celebra a súa 13ª edición, promove e dá a coñecer internacionalmente a novos arquitectos e deseñadores. O concurso vai dirixido a arquitectos e a outros profesionais do deseño acreditados, menores de 45 anos, que poderán presentar tantos proxectos como desexen, sempre que estean construídos. A cerimonia de entrega de premios celebrarase no Royal Institute of British Architects (RIBA) en Londres, o próximo mes de novembro, onde se dará inicio á exposición dos proxectos gañadores e finalistas, que percorrerá diversas cidades durante os primeiros meses de 2012.

Para dar a coñecer os proxectos gañadores haberá outros moitos actos, como: publicacións en medios de comunicación internacionais, conferencias, exhibicións, etc. Data límite para a entrega de proxectos: 2 de setembro de 2011.

Máis información, bases do concurso e formularios en:

+ arcon.es
+ dline.com
+ architecturalreviewawards.com

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, premios

Tags: , , ,