Apartamento MA | Arq+

Apartamento MA Arq+ o1

A reforma interior dun apartamento, próximo a Barcelona, de praia na costa mediterránea consistiu en a partir dun espazo único de 20 m² os clientes solicitaron o seguinte programa [722105]:

– Un salón para ver a televisión con amigos [7pax].

– Unha ducha para dúas persoas [2pax].

– Unha terraza para tomar aperitivos nocturnos con neno [2+1=2pax].

– Unha sala de xantar para dez comensais [10pax].

– A posibilidade de durmir cinco persoas no apartamento con certo grao de intimidade [5pax].

Un moble de xeometría variable de tres módulos [cocina, estantería e cama individual] permite adaptar o espazo aos distintos usos requiridos. A estantería funciona, se é necesario, como biombo. A porta-armario que dá acceso ao baño abre á sua vez a zona de lavandaría. O alto sobre o baño agocha un dormitorio dobre, ao que se accede mediante unha escada situada na parede lateral. O armacén sobre a terraza acopia, entre outros elementos, as cadeiras necesarias para as ceas de até dez persoas que permite a mesa despregable.

Obra: Apartamento MA. Reforma interior dun apartamento de praia na costa mediterránea.
Autor: Angel Rico Painceiras, Arq+
Emprazamento: Barcelona, Cataluña, España
Colaboradores: Carolo Losada Soto (E³ Arquitectos_Cálculo de estructuras)
Industriais: New Joquesa S.L. (Contratista principal), Perez Mora S.L. (Carpintero madera)
Fotógrafo: Angel Rico
Vídeo: 15-L. Films S.L
+ arqmais.net

Premios e recoñecementos.

– Mención en X Bienal Alejandro de la Sota

-Seleccionada nos premios Enor 2017

Arquivado en: arquitectura, obras, reforma interior

Tags: , , , , , , , , , , ,